Julien Nkoghe Bekale, nado o 9 de xaneiro de 1962, é un político gabonés, que foi primeiro ministro de Gabón entre 2019 e 2020.

Foi nomeado para o cargo polo presidente Ali Bongo Ondimba en xaneiro de 2019, tras o intento de golpe de Estado ocorrido uns días antes.

Traxectoria Bekale é membro do Partido Democrático Gabonés. Ocupou cargos ministeriais con Ali Bongo e Omar Bongo, como ministro de Petróleo, Gas e Hidrocarburos en 2009 e de Transporte e Equipamento en 2011.

Primeiro ministro de Gabón Despois de tomar posesión como primeiro ministro o 12 de xaneiro de 2019, Bekale anunciou a composición do novo goberno, na que mantivo á maioría de ministros, aínda que nomeando a Emmanuel Norbert Tony Ondo Mba como novo ministro de Enerxía. Anunciou o novo goberno dende Rabat, Marrocos.

Dimitiu o 16 de xullo de 2020, sendo nomeada no seu lugar Rose Christiane Raponda.

Notas

Categoría:Primeiros ministros de Gabón Categoría:Nados en 1958