Raxa al-Xidawi, nada en Ismailia o 6 de setembro de 1934 e finada na mesma cidade o 5 de xullo de 2020, foi unha modelo e actriz exipcia. A súa carreira como actriz comezou en 1958 e continuou nos sesenta anos seguintes, o que a converteu, canda Mimi Jamal, na actriz exipcia coa carreira máis longa.
Traxectoria Raxa criouse na cidade do Cairo onde foi, acompañada do seu irmán máis vello Faruk, para vivir coa súa tía, a bailarina e actriz, Tahia Carioca, que se ocupou deles. Asistiu á escola franciscana da capital exipcia, e alí estudou francés e italiano, e despois traballou no departamento de tradución dunha empresa de publicidade. En 1958 gañou un concurso de beleza, o que lle abriu as portas para traballar como modelo e despois pasou ao mundo do cinema. A súa primeira interpretación fíxoa no filme Doaa al-Karawan. Moi activa na década de 1960 e 1970, traballou con Adel Imam en títulos como Al Sayed al-Shaghal e Al Zaeem. Casou co porteiro do Ismaili e mais da selección nacional de Exipto, Hassan Mukhtar, o 22 de novembro de 1970. Co xornalista Amr Adib tamén presentou un programa de televisión. Ao longo do século XXI especializouse en papeis de mulleres aristocráticas en numerosas series de televisión.
O 24 de maio de 2020 diagnosticáronlle coronavirus mentres rodaba unha serie para a televisión e quedou en illamento no hospital de Ismailia
Notas
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Actores de Exipto Categoría:Nados na gobernación de Ismailia Categoría:Modelos femininas Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19 en Exipto