Bodhidharma foi un semilendario monxe budista que viviu durante os séculos V ou VI. Está considerado tradicionalmente como o tranmisor do budismo chan á China, e como o primeiro patriarca chinés. Segundo a lenda chinesa, tamén comezou a adestrar fisicamente os monxes do mosteiro shaolin que levou á creación do kungfu shaolin. No Xapón é coñecido como Daruma. O seu nome significa "dharma do espertar (bodhi)" en sánscrito.

Existe escasa información biográfica contemporánea sobre Bodhidharma, e os textos posteriores enchéronse de lendas e detalles incribles.

Segundo as principais fontes chinesas, Bodhidharma era orixinario das rexións occidentais, que se refire á Asia Central, mais pode incluír tamén o subcontinente indio, e era "persa da Asia Central" ou "indio do sur [...] terceiro fillo dun gran rei indio". Na arte budista, Bodhidharma é representado como unha persoa non chinesa irritable, con gran barba e ollos profundos. Nos textos Chan é mencionado como "O bárbaro de ollos azuis" (碧眼胡, Bìyǎnhú).

Á parte dos relatos chineses, existen varias tradicións sobre as orixes de Bodhidharma.

As fontes tamén difiren na data da súa chegada, coa máis antiga indicando que chegou durante a dinastía Liu Song (420–479) e outras durante a dinastía Liang (502–557). Bodhidharma estivo activo principalmente no territorio de Wei Setentrional (386–534). Os estudosos modernos dátano arredor do principio do século V.

As ensinanzas e as prácticas de Bodhidharma centráronse na meditación e no Laṅkāvatāra Sūtra. A Antoloxía do Salón Patriarcal (952) identifícao como o 28.º patriarca do budismo nunha liña ininterrompida que se estende ata o propio Gautama Buda.Philippe Cornu, Dictionnaire enclyclopédique du Bouddhisme Bodhidharma tamén é coñecido como "O brahmin do grande ollar".

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Essence of Mahayana Practice By Bodhidharma, with annotations. Also known as "The Outline of Practice." translated by Chung Tai Translation Committee Bodhidharma

Categoría:Monxes budistas