Ramón Martínez Losada, nado en Monforte de Lemos cara a 1888, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi nomeado farmacéutico da Armada en 1915. Farmacéutico en Monforte de Lemos. Bugallalista, foi elixido concelleiro de Monforte de lemos en 1922.El Progreso, 8-2-1922, p. 2. Na ditadura de Primo de Rivera foi deputado provincial.La Provincia, 22-1-1924, p. 1. Na República foi presidente da Asociación Patronal da Industria e do Comercio de Monforte de Lemos. Promotor e logo xefe de Falange de Monforte de Lemos.'Veña encargarse do seu fillo que llo deixamos aí morto' Foi detido o 25 de abril de 1936 por orde do gobernador civil, ingresou na prisión de Monforte e saíu en liberdade dous días despois. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Xefe provincial da Falange de Lugo en xuño de 1937 para substituír a José María Fenollera Velón.El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 4. A mediados de agosto de 1938 viaxou a Burgos para entrevistarse con secretario xeral de Falange e co ministro do Interior.El Progreso, 17-8-1938, p. 4. A raíz do asasinato de Manuel Saco Rivera o 28 de agosto de 1938, foi detido xunto o xefe da garda municipal e o xefe local de Falange de Sarria Eduardo Gómez Requejo. Foi substituído como Xefe provincial da Falange de Lugo por Ramón Ferreiro Rodríguez o 27 de agosto.El Pueblo Gallego, 28-8-1938, p. 2. Nos anos corenta foi xuíz municipal sustituto de Monforte de Lemos.BOP Lugo, 17-9-1949, p. 4.

Vida persoal

Casou con María Fernández Pérez e foi pai de Ramón, José Antonio, María Teresa, Flora, Juan Francisco e María del Carmen Martínez Fernández.El Progreso, 30-11-1939, p. 3. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de Ramón Martínez Losada

Categoría:Concelleiros de Monforte de Lemos Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes