August Ames, nada Mercedes Grabowski en Antigonish o 23 de agosto de 1994 e finada en Camarillo o 5 de decembro de 2017, foi unha modelo e actriz pornográfica canadense. Apareceu en case 270 filmes e recibiu varias candidaturas para os premios AVN.
Traxectoria De ascendencia polaca e tamén con sangue afroamericana. Súa nai padecía trastorno bipolar e tanto ela como seu pai traballaban no exército e, aínda que naceu en Nova Escocia, criouse en Petawawa en Ontario ao estar seus pais destinados na súa gornición. Ames afirmou que sufriu reiteradamente abusos sexuais por parte do seu avó paterno pero que o seu pai non lle deu credibilidade e con doce anos enviouna a vivir durante un tempo nunha casa de acollida e foi ao instituto en Oromocto en Nova Brunswick. A partir dos catorce anos traballou durante dous veráns nun rancho en Colorado Springs no estado norteamericano de Colorado, o seu traballo consistía principalmente en limpar as cortes e darlles cursos de equitación a nenos discapacitados. Tras rematar os estudos foi instrutora de ioga e zumba. Para darlle un xiro á súa vida envioulles peticións de traballo a diversas axencias de modelos para adultos.
Actriz porno A súa traxectoria como actriz porno comezou con 19 anos en novembro de 2013. A súa primeira actuación foi unha escena en solitario de fetichismo de lencería, a súa primeira escena cun home foi para o filme Selfies de Wicked Pictures e ao longo da súa carreira evitou toda escena anal. Traballou en arredor de 270 filmes para diversos estudios, como Brazzers, Elegant Angel, Evil Angel, Girlfriends Films, Jules Jordan Video, New Sensations ou Sweetheart Video. Foi candidata a catro AVN Awards, tres deles á mellor artista feminina do ano. En 2016 actuou nun filme non pornográfico Model for Murder: The Centerfold Killer
En decembro de 2017 negouse a rodar unha escena para EroticaX ao coñecer que o actor co que tiña que relacionarse traballara en filmes porno gais e non se sometera a probas de enfermidades de transmisión sexual. O 3 de decembro de 2017 Ames chiou en Twitter o seu malestar e axiña xurdiu un debate na rede social, con críticas e acusacións de homofobia .
Morte O 5 de decembro, dous días despois, atopárona morta nun parque na localidade californiana de Camarillo A oficina de medicina legal do condado de Ventura estableceu que fora un suicicido debido a asfixia por enforcamento. Na autopsia, os resultados toxicolóxicos revelaron que no momento da súa morte no seu sistema había restos de cocaína, marihuana, o antidepresivo Sertralina e o ansiolítico Alprazolam. Fontes próximas á vítima afirmaron que foi o acoso virtual o que conduciu á súa morte
Notas
Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Nova Escocia Categoría:Actores porno do Canadá Categoría:Actrices de porno heterosexual