James Benson "Jim" Irwin, nado en Pittsburgh, Pensilvania, o 17 de marzo de 1930 e finado o 8 de agosto de 1991, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 15.

Traxectoria Irwin graduouse en ciencias navais pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1951 e foi máster en enxeñería aeronáutica e enxeñería da instrumentación pola Universidade de Míchigan en 1957.

Foi un dos 19 astronautas seleccionados pola NASA en abril de 1966, participando na misión Apollo 15 como piloto do módulo lunar. Faleceu o 8 de agosto de 1991.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Apollo 15

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania