José Blanco Amor, nado en Lubre (Bergondo) o 3 de decembro de 1911El Pueblo Gallego, 8-10-1953, p. 5. e finado en Buenos Aires o 10 de marzo de 1989, foi un escritor e xornalista galego que se estableceu na Arxentina.

Traxectoria Infancia e mocidade

Criado nunha familia humilde, abandonou a escola moi novo, aos once anos segundo algunhas fontes, para axudar a familia. Aprendeu despois o oficio de carpinteiro e en 1930 emigrou a Buenos Aires, onde viviu até a súa morte. Foi secretario da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), que dirixía Santiago Casares Quiroga.

En Buenos Aires Iniciou a súa formación en Buenos Aires como autodidacta, mentres traballaba noutras tarefas. Estudou idiomas, fíxose tradutor, corrector de probas e xornalista, e converteuse nunha figura das letras hispanoamericanas.

Como xornalista iniciouse en Noticiero Español e publicou o seu primeiro conto na revista do Centro Galego de Buenos Aires. Despois colaborou nos xornais La Prensa, El Mundo e La Nación de Buenos Aires, onde escribía os comentarios parlamentarios na columna «Más allá de la crónica». Foi tamén redactor de obituarios do xornal La Nación durante trinta anos, na época en que os grandes escritores facían as necroloxías das personalidades.

Durante o mandato do vicepresidente arxentino Carlos Humberto Perette foi nomeado Director de Prensa do Senado da Nación Argentina.

Escritor Os seus ensaios tratan principalmente temas españois, unha das súas preocupacións foi mobilizar as relacións culturais entre España e América, en obras como España y el marxismo ou La generación del 98. Outra obra importante, é Con verdad y con rigor. Escribu tamén novelas e o libro de relatos Reportaje a Nueva York, que recolle varias crónicas das Nacións Unidas escritas cando foi enviado aos Estados Unidos de América en 1949. Entre as novelas destacan La vida que nos dan, premio Valle-Inclan, Todos los muros eran grises, Antes que el tiempo muera, Duelo por la tierra perdida, La Misión, gañadora do Premio de Literatura de la Ciudad de Buenos Aires en 1967.

Obras Narrativa La vida que nos dan, 1953. Todos los muros eran grises, 1956. Antes que el tiempo muera, 1957. Duelo por la tierra perdida, 1963. La misión, 1966.

Los virtuosos, 1976. ¿Y ahora qué?, 1983.

Ensaio Reportaje a Nueva York. Las Naciones Unidas, 1950. Con verdad y con rigor, 1961.

La Generación del 98, 1966. España y el marxismo, 1966.

Encuentros y desencuentros, 1969. La pirámide, 1970.

El final del "boon" literario y otros temas, 1976.

Ensayos sin fronteras, 1983. Exiliados de memoria, 1986.

Recoñecementos

Polas súas colaboracións en La Nación, o Ministerio de Información e Turismo de España concedeulle o premio hispanoamericano de prensa Miguel de Cervantes en 1972. Recibiu o premio do PEN Club Internacional e foi galardoado co Premio Nacional de Literatura "Juan Bautista Alberdi" en 1971.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

José Blanco Amor no Álbum de Galicia Argentina Universal, biografía de José Blanco Amor.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Bergondo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes