Castanopsis acuminatissima é unha especie da familia das fagáceas pertencente ao xénero Castanopsis, propia do Sueste asiático e Nova Guinea.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1863 polo naturalista e botánico alemán-neerlandés Carl Ludwig Blume, baixo o nome Castanea acuminatissima, nun traballo publicado en Journal of Botany, British and Foreign. London 1: 182.Castanopsis acuminatissima (Blume) A.DC. no GBIF. Consultado o 4 de xullo de 2020.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Castanea acuminatissima Blume (protónimo) Castanea sessilifolia Blume Castanopsis acuminatissima (Blume) Rehder Castanopsis bejaudii A.Camus Castanopsis junghuhnii (Miq.) Hayata Castanopsis junghuhnii (Miq.) Markgr. Castanopsis nebularum Hickel & A.Camus Castanopsis schlenckerae F.M.Bailey Castanopsis sessilifolia (Blume) A.DC. Pasania acuminatissima (Blume) Oerst. Quercus acuminatissima (Blume) A.DC. Quercus fagiformis Jungh. Quercus junghuhnii Miq. Quercus lineata Miq. Quercus varingifolia Miq. Synaedrys acuminatissima (Blume) Koidz. Synaedrys fagiformis (Jungh.) Koidz.
Características Castanopsis acuminatissima é unha árbore de copa grande, de até os 40 m de altura. O tronco está marcadamente estriado. A casca é de cor gris ou parda pálida, rugosa e fisurada, de menos de 25 mm de grosor, co interior vermello. As follas son simples, de 9,0 a 11,5 cm de longo e de 2,5-3,5 cm de largo, e dispostas en espiral ao longo das pólas. Os froitos son noces simples, de 1 a10 mm de diámetro.Castanopsis acuminatissima en Guide to Trees of Papua New Guinea. Consultada o 4 de xullo de 2020.
Distribución Castanopsis acuminatissima esténdese desde o suroeste da China (provincias de Guizhou e Yunnan) até Indochina (Laos, Myanmar, Tailandia, Vietnam) e os outeiros de Chittagong de Bangladesh e Malaisia (nas illas de Sulawesi, Xava, Borneo e Sumatra), en Indonesia (na illa de Nova Guinea (Papúa Occidental) e en Papúa-Nova Guinea e en Nova Bretaña.Castanopsis acuminatissima (Blume) A. DC. en U.S. National Plant Germplasm System. Consultada o 4 de xullo de 2020.
Ecoloxía En Nova Guinea e Nova Bretaña é unha árbore predominante nos bosques montanos, onde se encontra entre os 900-1000 e os 2000 m de altitude."Central Range montane rain forests". Terrestrial Ecoregions. World Wildlife Fund. Consultada o 4 de xullo de 2020. Tamén pode encontrarse en elevacións máis baixas en bosques de outeiros, en asociación con Hopea papuana e Casuarina papuana, tolerantes á seca."Papua New Guinea", en FAO Forestry country profiles - natural woody vegetation.
Notas
Categoría:Castanopsis