Johannes Hubschmid, nado en Küsnacht, Zürich o 14 de agosto de 1916 e finado en Heidelberg, en xaneiro de 1995 foi un romanista suízo. Dedicouse á lingüística románica, en especial á lingüística histórica, a etnolingüística, a lexicoloxía, a onomástica e a etimoloxía das linguas románicas e do substrato preindoeuropeo.
Traxectoria Estudou lingüística románica e indoeuropea, entre 1935 e 1942, nas universidades de Zürich e Grenoble. Foi discípulo, na Universidade de Zürich, de Jakob Jud, A. Steiger e M. Leumann. De 1944 a 1952 traballou no Servizo Federal de Topografía. Posteriormente, foi profesor das universidades de Berna e Heidelberg. A partir da década de 1950 publicou diversos estudos sobre os elementos preindoeuropeos, principalmente nas linguas románicas. Investigou tamén o vasco e ocupouse da metodoloxía na investigación etimolóxica e a toponimia prerromanas. Colaborou en publicacións especializadas como Revista de Filoloxía Románica da Universidade de Berna, Vox Romanica, Revista Internacional de Onomástica, Etimologija de Moscova, Eusko Jakintza, Enciclopedia Lingüística Hispánica e outros.
Obra miniatura|Praeromanica (1949). Romanica Helvetica, vol. 30. Praeromanica. Studien zum Vorromanischen Wortschatz der Romania mit besonderer Beriicksichtung der franko provenzalischen und provenzalischen Mundarten der Westalpen. Berna, Verlag A. Francké, 1949. (Romanica Helvetica, vol. 30.) Vorindogermanische und jüngere Wortschichten in den romanischen Mundarten der Ostalpen, mit Berücksichtigung der ladinisch-bayrisch-slowenischen Lehnbeziehungen "Zeitschrift für romanische Philologie" vol. 66 (1950) p. 1-94. Studien zur iberoromanischen Wortgeschichte und Ortsnamenkunde. Lisboa, Istituto Camões: "Boletím de Filología" vol. 12 (1951) p. 117-156. Sardische Studien. Das mediterrane Substrat des Sardischen, seine Beziehungen zum Berberischen und Baskischen sowie zum eurafrikanischen und hispano-kaukasischen Substrat der romanischen Sprache. Berna, A. Francke AG., 1953. 138 páxinas. Thesaurus Praeromanicus. I: Grundlagen für ein weitverbreitetes mediterranes Substrat, dargestellt an romanischen, baskischen und vorindogermanischen p-Suffixen. Berna (1963). Thesaurus Praeromanicus. 2: Probleme der baskischen Lautlehre und baskisch-vorromanische. Berna (1965). Die "asko-/usko-" Suffixe und das Problem des Ligurischen. París (1969).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados no cantón de Zürich Categoría:Nados en 1916 Categoría:Profesores da Universidade de Berna Categoría:Profesores da Universidade de Heidelberg Categoría:Lingüistas de Suíza Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades sen imaxes