Calle Mayor é un filme español de 1956 dirixido por Juan Antonio Bardem. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 30ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse Isabel é unha boa e sensible solteirona que vive nunha pequena vila coa súa nai viúva. Aos trinta e cinco anos, está perdendo a esperanza de casar e ter nenos.

Un grupo de aburridos amigos de mediana idade decide facer un xogo con Isabel: Juan, o máis novo e guapo deles, finxirá namorarse dela. Como Isabel está a vivir o cortexo chea de esperanza e ledicia, Juan dáse de conta demasiado tarde da crueldade da situción, mais obrigado polos compañeiros, non se atreve a dicirlle a verdade.

Personaxes Betsy Blair como Isabel José Suárez como Juan Yves Massard como Federico Luis Peña como Luis Dora Doll como Toña Alfonso Godá como José María, 'Pepe el Calvo' Manuel Alexandre como amigote 1 José Calvo como amigote 2 Matilde Muñoz Sampedro como Chacha René Blancard como editor Lila Kedrova

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 30ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1956 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Juan Antonio Bardem Categoría:Filmes ambientados en España