Anders Sandoe Oersted, tamén coñecido como Anders Sandøe Ørsted e Anders Sandö Örsted, nado en Rudkøbing (Langeland) o 21 de xuño de 1816 e finado en Copenhague o 3 de setembro de 1872, foi un botánico, especializado en micoloxía, zoólogo, biólogo mariño e explorador danés.
Traxectoria Formado academicamente na Universidade de Copenhague, un dos seus primeiros traballos na súa carreira, foi sobre os nematodos daneses e árticos, publicado en 1843,Ørsted, A. S. (1843): "Grønlands Annulata dorsibranchiata". Kongelige Danske Videnskabernes Selskab, Naturhistorisk- mathematiske Afhandliger 10: 153-216. seguido o ano seguinte doutro sobre a zonación das algas mariñas de Oresund.Ørsted, A. S. (1844):De regionibus marinis: Elementa Topographiae Historiconaturalis Freti Oeresund. Respondente ornatissimo E. Petit; publice defendere studebit. Copenhague: J. C. Scharling.
Viaxou frecuentemente por Centroamérica entre 1845 e 1848, e foi designado profesor de Botánica da Universidade de Copenhague en 1851, posto que mantivo até 1862.
Oersted publicou numerosos escritos, enfocados en especies das familias das acantáceas e das fagáceas.Ørsted, A. S. (1861): "Myrsineae centroamericanæ et mexicanæ". Videnskabelige Meddelelser fra den Naturhistoriske Forening i Kjøbenhavn.Ørsted, A. S. (1858): Gesneraceæ centroamericanæ. Kongelige Danske Videnskabernes Selskabs Skrifter - Naturvidenskabelig og Mathematisk Afdeling, 5.Rk., vol. 5.<ref>Ørsted, A. S. (1855): Mexicos og Centralamerikas Acanthaceer. Videnskabelige Meddelelser fra den Naturhistoriske Forening i Kjøbenhavn 1854.</ref>Ørsted, A. S. (1852): "Centralamerikas Rubiaceæ". (Bestemmelser og Beskrivelser mestendeels af G. Bentham). Journal of the Linnean Society.Ørsted, A. S. (1867): "Recherches sur la classification des Chênes". Mémoires de la Societé d’Histoire Naturelle de Copenhague.
Unha das súas máis significativas e coñecidas publicacións foi L'Amérique Centrale.Ørsted, A. S. (1863): L'Amérique Centrale: Recherches sur sa flora et sa géographie physique . Copenhague, Bianco Luno
Foi o autor de varios centos de nomes de plantas aínda en uso.IPNI, Lista de nomes de plantas con Oerst. como autor.
Foi membro da Real Academia Danesa de Ciencias e Letras
Honores Eponimia Xénero de orquídeas Oerstedella'' Rchb.f.
Abreviaturas A abreviatura Oerst. emprégase para recoñecer a Anders Sandoe Oersted como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
A abreviatura Oersted emprégase para recoñecer a Anders Sandoe Oersted como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Oersted, Anders Sandoe (1816-1872) no IPNI. Københavns Universitet: Anders Sandoe Oersted Virtualology: Anders Sandoe Oersted
Categoría:Científicos de Dinamarca Categoría:Exploradores Categoría:Botánicos de Dinamarca Categoría:Zoólogos de Dinamarca Categoría:Alumnos da Universidade de Copenhague Categoría:Profesores da Universidade de Copenhague Categoría:Nados en 1816 Categoría:Nados en Langeland Categoría:Finados en 1872 Categoría:Escritores en lingua dinamarquesa Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua latina