A selección de fútbol de Vietnam do Norte (en ) foi o equipo representativo de fútbol de Vietnam do Norte entre 1956 e 1970. Após a partición de Vietnam en 1954, tanto Vietnam do Norte como Vietnam do Sur estabeleceron seleccións de fútbol separadas. Mentres que a participou en fases de clasificación para a Copa do Mundo da FIFA e en faes finais da Copa Asiática, a selección do norte non se afiliou á FIFA por motivos principalmente políticos, xogando principalmente encontros ante outros estados comunistas ou simpatizantes do comunismo.
O equipo deixou de existir cando as rexións de Vietnam do Norte e do sur se fusionaron para formar a República Socialista de Vietnam. Entre 1976 e 1990 a nova non disputou ningún xogo, participando no seu primeiro torneo en 1991. Axencias estatísticas de fútbol consideran os encontros disputados pola selección do sur parte dos rexistros históricos da selección actual, xa que consideran que a do norte era unha entidade diferenciada (non estando, ademais, esta última afiliada á FIFA).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol de Vietnam Selección de fútbol de Vietnam do Sur
Ligazóns externas Lista de xogos disputados por Vietnam do Norte en RSSSF
Categoría:Fútbol en Vietnam