Pilar Fernández Seijo, coñecida como Montañesa, nada en Vilagarcía de Arousa cara a 1895 e finada no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi unha sindicalista e guerrilleira galega.

Traxectoria Veciña de Trabanca Badiña. Do sindicato de metalúrxicos da CNT de Vilagarcía de Arousa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e uniuse ao grupo guerrilleiro organizado por Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre con Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que tamén se incorporaron Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a súa casa de Trabanca Badiña na que estaban refuxiados, pero lograron fuxir. Na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta entregouse ao día seguinte. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenderon lume ao edificio e morreron carbonizados Pilar Fernández, Rodrigo Berruete, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.A ciencia ao rescate da memoria dos 18 asasinados na foxa de Vilagarcía Foi xulgada por rebelión, pero suspenderon as actuacións.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Cuatro rayos de luz en Loenzo

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos