miniatura|260px|Lysmata amboinensis en colonia de Zoanthus con pólipos retraídos. miniatura|260px|Zoanthus sp
Zoanthus é un xénero de cnidarios antozoos da subclase dos hexacoraliarios, que o tipo da familia dos zoántidos.Zoanthus Lamarck, 1801 no WoRMS. Consultado o 17 de agosto de 2020.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1801 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.
Etimoloxía O nome Zoanthus está formado pola unión dos elementos do latín científico zo-, e -anthus. O primeiro é un prefixo derivado do substantivo do grego antigo ζῷον zõon, "animal"; e o segundo está tirado do substantivo do grego antigo ἄνθος, ánthos, "flor".Zoanthus no Merriam-Webster Dictionary.
Literalmente: "os animais que teñen forma de flor".
Especies No xénero recoñécense as seguintes especies: Zoanthus coppingeri Haddon & Shackleton, 1891 Zoanthus durbanensis Carlgren, 1938 Zoanthus gigantus Reimer & Tsukahara in Reimer, Ono, Iwama, Takishita, Tsukahara & Maruyama, 2006 Zoanthus kealakekuaensis Walsh & Bowers, 1971 Zoanthus kuroshio Reimer & Ono in Reimer, Ono, Iwama, Takishita, Tsukahara & Maruyama, 2006 Zoanthus natalensis Carlgren, 1938 Zoanthus praelongus Carlgren, 1954 Zoanthus pulchellus (Duchassaing & Michelotti, 1860) Zoanthus robustus Carlgren, 1950 Zoanthus sansibaricus Carlgren, 1900 Zoanthus sociatus (Ellis, 1768) Zoanthus solanderi Le Sueur, 1818 Zoanthus vietnamensis Pax & Müller, 1957
Característica Son pólipos coa mesma estrutura morfolóxica que as anemones. De feito, denomínanse vulgarmente anemones incrustantes. A columna alcanza os 3 cm de altura, e o disco oral, incluíndo os tentáculos, 1,5 cm de diámetro; os tentáculos son delicados e radiados desde o exterior do disco oral. Os pólipos pódense conectar entre si a través do cenénquima, un tecido a modo de alfombra situado na base, que utilizan para desenvolveren colonias.Button Polyps en animal-world.com . Consultado o 17 de agosto de 2020.
A coloración do disco oral e dos tentáculos é moi variada, e en ocasións moi vistosa, con combinacións de rosada, parda, amarillo, azul, laranxa ou verde. A intensidade da cor varía segundo a iluminación.
As colonias están formadas por diversos pólipos fixados a rochas ou a esqueletos de corais duros, e incluso noutras especies de corais vivos, que son atacadas polos nematocistos dos tentáculos dos Zoanthus.
Hábitat e distribución Hábitat Viven en zonas de correntes de medias a fortes. Normalmente adheridos a rochas e corais mortos ou ao substrato, a profundidades entre 0 e 300 m, e nun rango de temperaturas entre os -0,02 e os 28,95 °C.Zoanthus Lamarck, 1801 en OBIS. Consultado o 17 de agosto de 2020.
Distribución As especies do xénero Zoanthus esténdese por todos os mares temperados e tropicais, dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico, incluído o mar Mediterráneo.
Nutrición As especies de Zoanthus conteñen gran cantidade de algas simbióticas (mutualistas: ambos os organismos benefícianse desta relación) chamadas zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese producindo oxíxeno e glícidos, que son aproveitados polos corais, mentres que as algas aliméntanse dos catabolitos do coral (especialmente fóforo e nitróxeno). Porén, os Zoanthus aliméntanse tanto dos produtos que xeran estas algas (entre un 75 e un 90 %), como das presas do plancto, que capturan cos seus minúsculos tentáculos.
Reprodución Reprodúcense sexual e asexualmente.Fluorescent Zoanthids. Zoanthus na EOL. Consultada o 17 de agosto de 2020.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Shelburne, Vermont, USA: Microcosm Ld. ISBN 978-1-8900-8747-0. Daly, M. et. al, (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182. Debelius, Helmut & Baensch, Hans A. (1997): Marine Atlas. Volume 1. Osnabrück, Baixa Saxonia, Alemaña: Mergus Verlag GmbH. ISBN 978-3-8824-4051-5. Gosliner, T. M.; Behrens, D. W. & Williams, G. C. (1996): Coral Reef Animals of the Indo-Pacific. Monterey, California, USA: Sea Challengers Inc. ISBN 978-0-9301-1821-1. Veron, J. E. N. (1986): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Sydney, Australia: Angus & Robertson Publishers. ISBN 978-0-2071-5116-3. Wilkinson, C. (2004): Status of coral reefs of the world: 2004. Volume 2. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science
Outros artigos Antozoos
Ligazóns externas Zoanthus na ADW. Fluorescent Zoanthids. Zoanthus na EOL. Zoántidos (Zoanthidae) en aquanovel.com .
Categoría:Antozoos