Kyle Eric Hill, nado o 7 de abril de 1979 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,90 metros xogaba nas posicións de base e escolta.
Traxectoria profesional Hill foi escollido na 43ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Dallas Mavericks, e foise a xogar a Europa onde asinou co ASVEL Basket francés, onde acadou 13.4 puntos por encontro e gañou a copa francesa. Tras un ano no ASVEL, Hill asinou por outro equipo francés, o Pau-Orthez, onde fixo 9.5 puntos por partido en 25 minutos de xogo por encontro.
O 30 de xullo de 2008, Hill asinou co CB Lucentum Alicante da Liga LEB Ouro,Kyle Hill se suma al perímetro de Lucentum co que ascendeu á Liga ACB en 2009. O 1 de marzo de 2010, o club alicantino rescindiu o contrato de Hill.El Meridiano Alicante corta a Kyle Hill, el héroe del ascenso
O 23 de xaneiro de 2012, Hill asinou co Club Ourense Baloncesto da LEB Ouro ata final de tempada.Kyle Hill nuevo fichaje del Aguas de Sousas Ourense
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne Categoría:Xogadores do Élan Béarnais Pau-Orthez Categoría:Xogadores do AEK Atenas BC Categoría:Xogadores do Pallacanestro Biella Categoría:Xogadores do KK Zadar Categoría:Xogadores do CB Girona Categoría:Xogadores do KK Bosna Categoría:Xogadores do CB Lucentum Alicante Categoría:Xogadores do KK Hemofarm Categoría:Xogadores do Club Ourense Baloncesto