Os San Antonio Spurs son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede na cidade de San Antonio, Texas. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Spurs son un dos catro antigos equipos da American Basketball Association (ABA) que se uniron á NBA en 1976 e o único deles en conseguir gañar o campionato. En total, o equipo gañou cinco títulos da NBA, sendo a cuarta franquía con máis títulos despois de Boston Celtics, Los Angeles Lakers e Chicago Bulls. Actualmente son o mellor equipo en activo da competición en canto á porcentaxe de vitorias.

Desde o seu ingreso na NBA, os Spurs gañaron 20 títulos de división, xogando sempre en play-offs excepto en catro ocasións. De feito, non deixaron de xogar nunca as eliminatorias polo título desde a chegada de Tim Duncan ao equipo en 1997. Na temporada , os Spurs ampliaron o seu récord de máis temporadas consecutivas conseguindo máis de cincuenta vitorias con dezaseis (a temporada foi reducida a 50 partidos polo peche patronal, máis a súa porcentaxe de vitorias foi do 74%, co que terían superado facilmente as cincuenta vitorias nun ano normal con oitenta e dous partidos). Durante toda esta exitosa época, o adestrador do club ten sido o mesmo, Gregg Popovich.

Historia Os Dallas Chaparrals miniatura|left|169px|Manu Ginóbili coa camisola dos "Chaps". Os San Antonio Spurs comezaron a súa historia co nome de "Dallas Chaparrals" na American Basketball Association (ABA) en 1967. Os primeiros propietarios do equipo non foran capaces de poñerse de acordo á hora de escoller un nome, mais escolleron o nome facendo referencia ao "Chaparral Club" onde se adoitaban reunir. Adestrados polo adestrador-xogador Cliff Hagan os "Chaps" foron un dos 11 equipos que competiron na temporada inaugural da ABA. A segunda temporada do club foi un pouco decepcionante, o equipo acabou no cuarto lugar da temporada regular cun aceptábel rexistro de 41 vitorias por 37 derrotas, mais nos play-offs caeron axiña en primeira rolda ante os New Orleans Buccaneers. O equipo non era capaz de levar moita xente ao pavillón e o desinterese era xeral na cidade. De feito, na temporada 1970-71, o nome "Dallas" foi substituído por "Texas", nun intento de converter o equipo na franquía de todo o estado de Texas, xogando partidos en cidades como Fort Worth ou Lubbock. Porén, o resultado non foi o esperado e o equipo volveu a Dallas xusto antes do comezo da seguinte temporada, xogando os seus partidos en dous pavillóns, o Moody Coliseum e o Dallas Convention Center Arena.

Tras non conseguir xogar os play-offs por primeira vez na historia do equipo na tempada 1972-73, o equipo foi posto á venda. Despois de non recibir ningunha oferta seria pola franquía, o equipo foi alugado a un grupo de trinta e seis empresarios de San Antonio liderados por Angelo Drossos e Red McCombs. O acordo incluía unha opción de compra dos dereitos en tres anos, que de non exercerse o equipo volvería a Dallas. O grupo Drossos-McCombs trasladou o equipo a San Antonio para a temporada 1973-74. Orixinalmente o nome da franquía ía ser "San Antonio Gunslingers", mais pouco despois mudaron de opinión e escolleron o nome de "San Antonio Spurs".

A cidade de San Antonio recibiu o equipo cos brazos abertos, a asistencia aos partidos dos Spurs superou á total dos Chaparrals en tan só 16 partidos. Ao darse conta do éxito que tiñan nas súas mans, Drossos e McCombs completaron a compra da franquía en tan só un ano. A nivel deportivo, os Spurs foron liderados polo veterano da ABA James Silas, e impulsados pola adquisición do membro do Hall of Fame George Gervin, procedente dos Virginia Squires en 1974. Aínda que o éxito nos play-offs sería esquivo para os Spurs, axiña serían un dos equipos punteiros da ABA. En 1976 a ABA desfíxose, ameazando así o futuro da única franquía deportiva profesional de San Antonio. Porén, a NBA decidiu admitir na súa liga catro equipos da ABA, sendo un dos afortunados os Spurs xunto aos Denver Nuggets, os Indiana Pacers e os New York Nets.

Primeiros anos na NBA miniatura|George Gervin (1974–1985). Aínda que había algún escepticismo inicial nos círculos da liga en canto ao éxito potencial e o nivel de talento dos equipos procedentes da ABA, os Spurs pronto demostrarían ser un digno equipo. Na súa primeira temporada na NBA o equipo obtén un balance de 44-38 e finaliza no quinto posto da Conferencia Leste. Xa nos play-offs, o equipo caería ante os Boston Celtics en dous partidos, perdendo o primeiro por 104−94 fóra e o segundo por 113-109 na casa. Unha temporada despois, en , Gervin e David Thompson dos Denver Nuggets loitaron polo título de máximo anotador. Na última xornada da tempada, Thompson púxose por diante despois de anotar 73 puntos fronte os Detroit Pistons nun encontro disputado á tarde. Esa noite, Gervin xa sabía que necesitaba 58 puntos para conseguir o título. Os Spurs xogaban en Nova Orleáns fronte aos Utah Jazz. Gervin tivo un bo comezo con 20 puntos no primeiro cuarto. O segundo foi aínda mellor, con 33, batendo un récord. Tras a continuación, a Gervin custoulle pouco tempo chegar aos 58, para finalmente acabar o partido con 63 e lograr o galardón. Ademais, o equipo acabou campión da División Central cunha marca de 52-30. Con todo, os Spurs caeron en semifinais de Conferencia ante Washington Bullets a pesar da achega de Gervin con 33,2 puntos na serie.

Un ano despois, en 1979, o equipo chegou ás finais de Conferencia, onde volvían esperar os Bullets. San Antonio desperdiciou unha renda de 3-1 para acabar caendo 4-3, cun igualado sétimo partido que acabou 107-105. Unha rolda antes, os Spurs eliminaran os Philadelphia 76ers, logrando gañar así a súa primeira eliminatoria como equipo NBA. O balance dos Spurs nos seus primeiros sete anos na NBA foi de cinco títulos de división, converténdose nun equipo asiduo en play-offs. A década dos anos 1980 estivo marcada por constantes altibaixos da franquía. Na primeira metade, os Spurs continuaron co seu éxito dos anos 1970, con balances de 52-30 en , 48-34 en e 53-29 en . A pesar das súas boas temporadas regulares, os Spurs caeron eliminados en play-offs polos Houston Rockets en 1981 e Los Angeles Lakers en 1982 e 1983.

Tras a temporada , Gervin, quen fora o mellor xogador da historia dos Spurs até o momento, foi traspasado aos Chicago Bulls, e con el chegou o final dunha brillante era. Unha das claves destes Spurs, ademais de Gervin, era Johnny Moore, base de gran visión de xogo que mesmo logrou ser o máximo asistente da liga (9,6) na temporada 1981-82 por diante de Magic Johnson. A súa carreira viuse truncada pola coccidioidomicose (ou "Febre do Val"), enfermidade da que se recuperou, aínda que sen recuperar o nivel. Cando finalizou a súa carreira San Antonio retiroulle o dorsal. Outro dos grandes artífices do tres títulos de división tamén foi Mike Mitchell, acompañante de Gervin na posición de ala, un prolífico anotador que mesmo chegou a ser All-Star en 1981 cos Cleveland Cavaliers e que chegou aos Spurs un ano despois. Por último cabe mencionar a Artis Gilmore, outra peza fundamental na engrenaxe do equipo. A pesar de que o pivote chegou con 34 anos, ofreceu tan bo rendemento en San Antonio que chegou a ser dúas veces All-Star cos Spurs.

Despois de Gervin Tras a retirada de Gervin, as seguintes catro campañas foron difíciles para o equipo, tendo un balance de 115-215 desde até . As temporadas perdedoras e a consecuente diminución da asistencia de público ao pavillón converteron aos Spurs nun candidato potencial para trasladarse a outra cidade. Porén, o optimismo chegou ao obter a primeira elección do Draft de 1987, a cal foi utilizada para seleccionar o pivote David Robinson, procedente da Academia Naval dos Estados Unidos. Aínda que foi seleccionado en 1987, non estivo dispoñíbel até 1989, xa que tiña que servir á Mariña durante dous anos máis.

Durante estes anos un dos poucos xogadores que conseguía levar a xente de San Antonio a ver aos Spurs era Alvin Robertson. Foi membro do equipo que logrou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984. Tamén liderou a liga en roubos durante tres tempadas, e chegou a ser elixido como Mellor Defensor da NBA na temporada . Alén diso, era un xogador que achegaba en todas as facetas do xogo. Mostra diso foi o histórico cuádruplo-dobre que logrou o 18 de febreiro de 1986 con 20 puntos, 11 rebotes, 10 asistencias e 10 roubos de balón. É un dos escasos cuádruplos-dobres que se rexistraron na historia da NBA, de feito, foi o segundo da historia da competición. Curiosamente, David Robinson conseguiría facer outro en 1997.

Aínda que a temporada foi a peor na historia da franquía cun 21-61, foi notábel por varios motivos. Foi a primeira campaña na que o propietario absoluto da franquía foi Red McCombs, investidor orixinal do equipo que axudou a solidificar a identificación da cidade co equipo. Ademais, estreouse Larry Brown como adestrador dos Spurs, asinando polo equipo tras gañar a NCAA coa Universidade de Kansas en 1988.

A era de Robinson miniatura|left|David Robinson (1989–2003). O final da década de 1980 asistiu ao renacemento dos Spurs. Liderados por David Robinson e polos recentemente chegados Terry Cummings e Sean Elliott, os Spurs conseguiron facer a mellor temporada da súa historia cun balance de 56-26. Nos play-offs, gañarían sen moitos problemas aos Denver Nuggets por 3-0. Porén, non puideron superar as semifinais de Conferencia, caendo en sete partidos ante os Portland Trail Blazers, equipo que posteriormente sería campión da Conferencia Oeste. A nivel individual, Robinson fixo unha das mellores tempadas xamais asinadas por un debutante na competición, polo que foi premiado co premio ao Rookie do Ano tras facer unha media de 24,3 puntos e 12 rebotes por partido.

Os Spurs comezaban a década cheos de optimismo. O equipo converteuse nun asiduo aos play-offs, aínda que baixo a tutela de Brown non foron capaces de chegar máis lonxe das semifinais de Conferencia. Ante a falta de resultados, na temporada McCombs despediu a Brown para substituílo por Bob Bass, quen terminou a tempada como adestrador interino. Con Robinson con molestias, os Spurs foron varridos polos Phoenix Suns na primeira rolda de play-offs. Durante o verán de 1992, McCombs contratou o adestrador da Universidade de UNLV Jerry Tarkanian. O experimento foi un fracaso, e Tarkanian foi despedido tras vinte partidos de temporada, cando contaban cun balance de 9-11. O seguinte no banco foi o veterano John Lucas, sendo esta a súa primeira experiencia como adestrador xefe dun equipo da NBA.

A era Lucas comezou satisfactoriamente. Baixo o seu mandato o equipo terminou a tempada cunha marca de 39-22, metendo aos Spurs unha vez máis en play-offs. Así e todo, foron novamente eliminados polos Suns, esta vez en semifinais de Conferencia. A campaña tamén estivo marcada debido a que o equipo xogou no HemisFair Area. En 1993, Peter M. Holt e un grupo de 22 investidores comprou os Spurs a Rede McCombs por 75 millóns de dólares. Na seguinte tempada, a franquía mudouse ao novo Alamodome, mentres que a nivel deportivo Lucas conduciu os Spurs a unha marca de 55-27. No entanto, caeron outra vez eliminados en primeira rolda de play-offs, esta vez polos Utah Jazz. A consecuencia diso, Lucas foi inmediatamente despedido. No verán, os Spurs traspasaron a Elliott, un dos favoritos da afección, a Detroit Pistons a cambio do reboteador Dennis Rodman.