Ornitholestes (que quere dicir "paxaro ladrón") é un pequeno dinosauro terópodo do Xurásico serodio (Formación de Morrison, no Kimmeridgiano, hai uns 154 millóns de anos)Turner, C.E. and Peterson, F., (1999). "Biostratigraphy of dinosaurs in the Upper Jurassic Morrison Formation of the Western Interior, U.S.A." Pp. 77–114 in Gillette, D.D. (ed.), Vertebrate Paleontology in Utah. Utah Geological Survey Miscellaneous Publication 99-1. no oeste de Laurasia (a área que es convertería en América do Norte).
Até a data, Ornitholestes é coñecido por un único esqueleto parcial cun cranio esmagado que foi atopado en Bone Cabin Quarry, preto de Medicine Bow, Wyoming, en 1900. Foi descrito por Henry Fairfield Osborn en 1903. Unha man incompleta foi posteriormente atribuída a Ornitholestes, malia que no presente semella que pertence a Tanycolagreus. A especie tipo (e a única coñecida) é O. hermanni. O nome específico foille concedido na honra do preparador do Museo Americano de Historia Natural Adam Hermann.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1903