miniatura|270px|Sikhote-Alin é o fogar do tigre siberiano (Panthera tigris altaica), o maior felino do mundo miniatura|270px|Os últimos leopardos do Amur (Panthera pardus orientalis) en liberdade viven neste territorio

A de Sikhote-Alin (en ) é unha cordilleira situada nos kraia de Primorie e de Khabarovsk, en Rusia, que se estende a uns 900 km ao nordés de Vladivostok.

Os cumios máis altos son Tordoki Yani (2 077 m), o monte Ko (2 003 m) e o monte Anik (1 933 m).

Xeografía Aínda que Sikhote-Alin é unha zona temperada, coexisten alí especies típicas da taiga setentrional, como: o reno, o oso pardo (subespecie Ursus arctos lasiotus), o oso negro tibetano (Ursus thibetanus), o leopardo (subespecie Panthera pardus orientalis) e o tigre siberiano (Panthera tigris altaica).Slaght, J. C., D. G. Miquelle, I. G. Nikolaev, J. M. Goodrich, E. N. Smirnov, K. Traylor-Holzer, S. Christie, T. Arjanova, J. L. D. Smith & Karanth, K. U. (2005): "Capítulo 6. Quen é o rei dos animais? Pesos corporais históricos e recentes de tigres do Amur salvaxes e cativos, en comparacións con outras subespecies. Páxinas 25–35" En: Miquelle, D. G., Smirnov, E. N. & Goodrich, J. M. (eds.) Tigres en Sikhoté-Alín Zapovednik: Ecoloxía e Conservacin. PSP, Vladivostok, Rusia .

A rexión ten poucos lobos debido á competencia cos tigres siberianos, un dos maiores felinos do mundo.

A árbore máis vella da rexión é un Taxus cuspidata milenario. Nature Monument "Sikhote - Alin". Center for Wildlife Rehabilitation "UTES" .

O núcleo da rexión só pode ser visitada por equipos de exploradores.

Historia Crese que o nome procede do manchú alin "montaña".

Nas décadas de 1910 e 1920, Sikhote-Alin foi explorada en profundidade por Vladímir Arséniev (1872-1930) que describiu as súas aventuras en varios libros, especialmente en Dersu Uzala (1923), que foi levado ao cine en 1975 por Akira Kurosawa.

En 1935 establecéronse os refuxios da vida salvaxe de Sikhote-Alin e Lazo para preservar a fauna da rexión.

O 12 de febreiro de 1947 tivo lugar nestas montañas unha das maiores chuvias de meteoritos da historia recente.

O meteorito de Sikhote-Alin estoupou na atmosfera segundo caía, facendo que caesen toneladas de metais nunha rexión elíptica duns 1,3 km2.

Formáronse numerosos cráteres de impacto, o maior deles de 26 m de diámetro.

En 2001 a UNESCO incluíu "Sikhote-Alin central" na lista de lugares Patrimonio da Humanidade, citando a súa importancia para a "supervivencia de especies en perigo como o Mergus squamatus, o Bubo blakistoni e o tigre siberiano".

A rexión incluída ten unha superficie de 16 319 km2, da que o núcleo central da Reserva natural de Sikhote-Alin comprende 3 985 km2. United Nations Environment Programme

En 2018 a zona Patrimonio da Humanidade estendeuse 11 605 km</small>2</small> ao incluír o Parque Nacional de Bikin co nome de "Val do río Bikin".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas UNESCO — Sikhote-Alin World Heritage Site Natural Heritage Protection Fund: Central Sikhote-Alin - at Natural Heritage Protection Fund Zhuravlev, Yu. N., ed. (2000) Стратегия сохранения биоразнообразия Сихотэ-Алиня = A Biodiversity Conservation Strategy for the Sikhote-Alin' Vladivostok: Russian Academy of Sciences, Far Eastern Branch

Categoría:Cordilleiras de Rusia Categoría:Patrimonio da Humanidade en Rusia Categoría:Siberia