O Rally da Coruña de 1985 foi a 15ª edición de dito rally, así como a penúltima proba da tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 10 de decembro de 1985 e o vencedor foi o ourensán Peitos, a bordo dun Alfa Romeo GTV 6.

O coruñés José Mora, a pesar de non participar no rally, proclamouse campión galego ao remate deste, tras o abandono na proba do seu máximo rival, Carlos Piñeiro.

Itinerario O rally constou de 246,9 km totais, dos cales 68,6 foron cronometrados, e estivo dividido en dúas seccións. A primeira delas consistiu nun só treito, o miradoiro de Bens, e disputouse de xeito nocturno a partir das 00:00 horas do día 10. A segunda sección correuse a partir das 8:30 da mañá e consistiu en dúas pasadas polos treitos de Cambre, Limiñón, Ois, Doroña e Vilouzás.

Resumo Carlos Piñeiro comezou liderando a proba pero tivo que retirarse nada máis comezar a segunda etapa, por culpa dun erro das súas asistencias, que colocaron gasóleo en vez de gasolina no seu Porsche 911 SC. O seu abandono provocou a perda de todas as súas posibilidades de proclamarse campión galego de 1985, indo o título a parar matematicamente ás mans de José Mora, que non participou no rally.

O lucense José Luis Vilanova, conducindo tamén un Porsche 911 SC, ocupou a praza de Piñeiro ata o terceiro treito, cando foi superado polo Alfa Romeo de Peitos, que xa non abandonou o liderado en toda a proba, chegando a marcar o mellor tempo en seis dos treitos. Logo Vilanova sufriu unha saída de estrada nun dos enlaces e foi penalizado no control, perdendo a segunda praza e caendo ata o posto 14º final, a pesar de ter sido o máis rápido en tres dos treitos.

O Renault 5 GT Turbo de Alfonso Pavón foi o que chegou finalmente á meta en segundo lugar, despois de manter un duelo durante todo o rally co Renault 5 Copa Turbo de Germán Castrillón. Castrillón fora por diante de Pavón durante todo o rally pero perdeu a súa escasa vantaxe no último tramo ao saírse da estrada, chegando finalmente terceiro. Diego Barcia foi en cuarta posición gran parte do rally, pero no último treito acabou nunha silveira e quedou relegado á novena posición final.

Unha das pasadas por Limiñón tivo que ser anulada despois dun duro accidente de José Caamaño e o seu copiloto Carlos García, tendo que ser trasladado este último ao hospital.

Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbil1 "Peitos" Francisco Javier SalgueiroAlfa Romeo GTV 62 Alfonso Pavón Guillermo DíezRenault 5 GT Turbo3 Germán Castrillón Estrella CastrillónRenault 5 Copa Turbo4 Víctor López CouceSEAT 124 20005 Arturo RialFord Fiesta6 Manuel Balado QuiánTalbot Samba Rallye7 Jano OuteiriñoFord Fiesta XR28 MíguezSEAT 124 20009 Diego BarciaSEAT 124 200010 MoradoRenault 5 GT Turbo14 José Luis VilanovaValverdePorsche 911 SCAbandonos- Carlos Piñeiro Julio OrozcoPorsche 911 SC José Caamaño Carlos GarcíaRenault 5 GT Turbo

Notas

Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally