Millepora platyphylla é unha especie de cnidario hidrozoo da subclase dos hidroidolinos, orde dos antoatecados, suborde dos capitados, unha das quince recoñecidas na actualidade (2020) na familia dos milepóridos.Millepora platyphylla Hemprich & Ehrenberg, 1834 no WoRMS. Consultada o 6 de setembro de 2020.Millepora platyphylla Hemprich and Ehrenberg, 1834 no ITIS.
É un coral de fogo típico (non confundir cos verdadeiros corais, os escleractinios, vulgarmente chamados corais duros ou corais pétreos, que constitúen unha orde de antozoos da sublcase dos hexacoraliarios).Scleractinia Bourne, 1900 no WoRMS. Consultado o 6 de setembro de 2020.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1834 polo naturalista e explorador alemán Wilhelm Friedrich Hemprich e o naturalista, explorador, zoólogo, botánico, anatomista, xeólogo e microscopista, tamén alemán, Christian Gottfried Ehrenberg, publicada no tranallo deste último: Ehrenberg, C. G. (1834): "Beiträge zur physiologischen Kenntniss der Corallenthiere im allgemeinen, und besonders des rothen Meeres, nebst einem Versuche zur physiologischen Systematik derselben". Abhandlungen der Königlichen Akademie der Wissenschaften, Berlin. 1: 225-380.
Sinónimos Ademais de polo nome válido, a especie coñeceuse tgamén polos sinónimos: Millepora Ehrenbergi Milne Edwards, 1860 Millepora incrassata Milne Edwards, 1860 Millepora insignis Verrill, 1864 Millepora porulosa Ehrenberg, 1834 Millepora verrucosa Milne Edwards, 1860
Características Millepora platyphylla forma grandes colonias de 2 a 3 m de diámetro, compostas por placas verticais anastomosadas máis ou menos regulares, de até 2 m de altura nunha colonia madura. A súa cor adoita ser parda clara, cos bordos de crecemento brancos. Como todos os corais de fogo, se se toca, pódese sentir unha picada aguda ao entrar en contacto coa pel, .Hodgson, G. (1998): "Corals", pp. 101-122. En Carpenter, K. E. & V. H. Niem, eds. FAO species identifidication guide for fishery purposes. The living marine resources of the Western Central Pacific. Vol. 1. Seaweeds, coral, bivalves and gastropods. Roma: FAO. ISBN 92-5-104051-6. debido á segregación urticante dos nematocistos dos seus pólipos.Blessures de corail: attention danger! en francetvinfo .
Hábitat e distribución A especie habita en arrecifes de coral a profundidades entre os 3 e os 6 m.
Distribúese pola rexión Indo-Pacífica desde o oeste, no mar Vermello, polo o norte até o Xapón, polo leste até as illas Marquesas, e polo sur até as illas Abrolhos, preto de Australia.Millepora platyphylla Hemprich & Ehrenberg, 1834 en Sea Life Database.
Bioloxía Como case todos os membros da orde dos antoatecados é un hidrozoo colonial. O cigoto convértese nunha larva plánula dentro do gonóforo e logo se libera como unha larva actínula que, tras a metamorfose, dá lugar a un pólipo que se asenta no substrato.Ruppert, E. E., R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A functional evolutionary approach. 7th Ed. Boston, Massachusetts, USA: Brooks/Cole, Thomson Learning learning, Inc ISBN 978-0-0302-5982-1.
Ameazas Esta especie xeralmente non se encontra no comercio de acuarios, pero ás veces recoléctase para o comercio de xoias e curiosidades. En 2005 exportáronse 90 espécimes vivos de Millepora platyphylla para o comercio de acuarios. Na súa área de distribución, no Indo-Pacífico, é susceptíbel ao branquexamento do coral, aínda que menos que Millepora dichotoma.
En xeral, a principal amenaza para este coral é o cambio climático global, en particular, as temperaturas extremas que conducen ao branquexamento e a unha maior susceptibilidade ás enfermidades. As enfermedides dos corais converteuse nunha grave ameaza para os arrecifes de coral en todo o mundo, e é unha das principais causas da deterioración dos arrecifes.Willis, B.; Page, C. & Dinsdale, E. (2004): "Coral disease on the Great Barrier Reef", pp. 69-104, en: E. Rosenber & Y. Loya (eds.) Coral Health and Disease. Berlín / Heidelberg: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6620-6414-6.
O número de enfermidades e especies de coral afectadas, así como a distribución das enfermidades, aumentaron drasticamente durante a última década.Porter, J. W., Dustan, P., Jaap, W. C., Patterson, K. L., Kosmynin, V., Meier, O. W., Patterson, M. E. & Parsons, M. (2001): "Patterns of spread of coral disease in the Florida Keys". Hydrobiologia 460 (1-3): 1-24. Green, E. P. & Bruckner, A. W. (2000): "The significance of coral disease epizootiology for coral reef conservation". Biological Conservation 96: 347-361.Sutherland, K. P., Porter, J. W. & Torres, C. (2004): "Disease and immunity in Caribbean and Indo-Pacific zooxanthellate corals". Marine ecology progress series 266: 273-302.Weil, E. (2004): "Coral reef diseases in the wider Caribbean". En: E. Rosenberg & Y. Loya (eds), Coral Health and Diseases. New York, NY: Springer Verlag. ISBN 978-3-6620-6414-6, pp. 35-68. O aumento dos niveis de enfermidades de coral na Gran Barreira de Coral correlacionáronse co aumento das temperaturas do océano, apoiando a predición de que os niveis de enfermidades aumentarán con temperaturas máis altas na superficie do mar. As intervencións antrópicas combinadas coas ameazas asociadas ao cambio climático global que conduce ao aumento das enfermidade dos coraisl, a frecuencia e a duración do branquexamento e a acidificación do océano sitúan os arrecifes de coral no Indo-Pacífico cun alto risco de colapso.Willis, B., Page, C. & Dinsdale, E. (2007): "Coral disease on the Great Barrier Reef". En: E. Rosenber & Y. Loya (eds), Coral Health and Disease. Berlin/Heidelberg, Alemaña: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6620-6414-6 pp. 69-104.
Entre as ameazas locais aos corais inclúense a pesca, o desenvolvemento humano (industria, asentamentos, turismo e transporte), os cambios na dinámica das especies autóctonas (competidores, depredadores, patóxenos e parasitos), as especies invasoras (competidores, depredadores, patóxenos e parasitos), a pesca con dinamita, a pesca química, a contaminación pola agricultura e a industria, a contaminación domésticae a sedimentación.
Estado de conservación A amenaza máis importante para esta especie é a redución extensa do hábitat dos arrecifes de coral debido a unha combinación das ameazas citadas. Descoñécese as tendencia específica da súa poboación, pero esta redución pode inferirse da perda estimada do hábitat. A especie está moi estendida e é común en toda a súa área de distribución, e aínda que é susceptíbel ao branquexamento, recupérase rapidamente e, polo tanto, é probábel que sexa máis resistente á perda do hábitat e á degradación dos arrecifes debido a un suposto gran tamaño de poboación efectiva. Polo tanto, a perda de hábitat estimada do 21 % dos arrecifes xa destruídos dentro da súa na etapa crítica de degradación.
Tendo en conta todo isto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o staus da especie como LC (pouco preocupante).Guzmán, H. & Edgar, G. (2008): Millepora platyphylla na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 6 de setembro de 2020.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Borneman, E. H. (2001): Aquarium corals. Selection, Husbandry and Natural History. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications, ISBN 978-1-8900-8747-0. Ross, M. A. & G. Hodgson (1981): "A quantitative study of hermatypic coral diversity and zonation at Apo Reef, Mindiro, Philippines". Proceedings of the Fourth International Coral Reef Syposium, Manila 2: 281-291. Razak, T. B. & B. W. Hoeksema (2003): The hydrocoral genus Millepora (Hydrozoa: Capitata: Milleporidae) in Indonesia. Leyden: National Museum of Natural History. ISBN 9-0732-3989-3. Veron, J. E. N. (1993): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Honolulu, Hawai, USA: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-1504-2. Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences. Wilkinson, C. (2004): Status of Coral Reefs of the World. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science. Wood, E. M. (1983): Reef corals of the world: biology and field guide. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. ISBN 978-0-8766-6809-2.
Outros artigos Millepora
Ligazóns externas Millepora platyphylla Hemprich & Ehrenberg, 1834 en Sea Life Database .
Categoría:Hidrozoos Categoría:Animais descritos en 1834 Categoría:Fauna de África Categoría:Fauna de Oceanía