Michael James Massimino, nado en Oceanside, Nova York, o 19 de agosto de 1962, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-125 e STS-109.

Traxectoria Massimino graduouse en enxeñaría industrial pola Universidade de Columbia en 1984 e é máster en enxeñaría mecánica e tecnoloxía e política polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en 1988. Ten un grao en enxeñaría mecánica polo MIT en 1990 e un doutoramento na mesma materia polo MIT en 1992.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1996, participando nas misións STS-125 e STS-109 e pasando un total de 23,83 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-125 STS-109

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Nova York