Pedro Sáez Pichel, finado en Noia o 19 de agosto de 1966, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante en Noia. Membro da candidatura da Unión Monárquica Nacional nas eleccións de abril de 1931, durante a República foi concelleiro de Noia. Foi un dos asinantes do manifesto do Centro de Apoyo a la República en 1931. Participou na constitución de Acción Popular de Noia en 1933. No franquismo foi nomeado polo gobernador civil alcalde de Noia o 7 de marzo de 1944. Permaneceu no cargo até 1949. Finou en Noia o 19 de agosto de 1966.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-1969, p. 18

Vida persoal Casou con Obdulia Lestón Ferrer e foi pai de María del Socorro, Obdulia, Rafael, María de los Angeles, Pedro, María, Enriqueta, Josefina e María de la Concepción Sáez Lestón.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1966