A Schweizerische Numismatische Rundschau, cabeceira trilingüe tamén titulada Revue Suisse de Numismatique e Rivista Svizzera di Numismatica (en galego: "Revista Suíza de Numismática") é unha revista numismática de periodicidade anual publicada pola Sociedade Suíza de Numismática desde 1891.Revue Suisse de Numismatique. Genéve. 1891 [acceso en liña]
A revista contén artigos do máximo rigor científico no campo da numismática internacional e da historia monetaria desde a Antigüidade ata os tempos modernos, redactados en calquera das súas tres linguas oficiais da Sociedade Numismática Suíza (alemán, francés e italiano), ademais do inglés.
Inicialmente a revista tivo a súa sede en Xenebra, mais en 1925 foi trasladada a Berna.Schweizerische Numismatische Rundschau (Revue Suisse de Numismatique). Bern. 1825 [acceso en liña]
Consello editorial O consello editorial das revistas publicadas pola Sociedade Suíza de Numismática está composto polas seguintes persoas:"Editorial Board ". Schweizerische Numismatische Gesellschaft.
Michael Alram (Viena). Michel Amandry (París). Wolfgang Fischer-Bossert (Viena). Hans-Ulrich Geiger (Zürich). Lutz Ilisch (Tübingen). Ulrich Klein (Stuttgart). Denis Knoepfler (Neuchâtel). William E. Metcalf (Connecticut). Markus Peter (Berna). Samuele Ranucci (Perugia). Lucia Travaini (Milán).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Acceso en liña á revista: Números 1 a 23 (1891-1924). Números 24 a 96 (1925-2017).
Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas de Suíza Categoría:Revistas científicas