John Dow Fisher Gilchrist , nado en Anstruther, concello de Fife, Escocia en 1866 e finado o 22 de outubro de 1926 na Cidade do Cabo, Suráfrica, foi un ictiólogo surafricano de orixe escocesa.John Dow Fisher Gilchrist en Neglected Science. 2011. Consultada o 29 de setembro de 2020.Gilchrist, Dr John Dow Fisher en S2A3 Biographical Database of Southern African Science . Consultada o 28 de outubro de 2020.
Estableceu a ictioloxía como disciplina científica en Suráfrica. Foi fundamental no desenvolvemento da bioloxía mariña neste país africano e da súa industria pesqueira con base científica.
Traxectoria Gilchrist fixo os seus estudos primarios na súa localidade natal, e os secundarios no Madras College de St Andrews. Estudo na Universidade de St Andrews e na Universidade de Edimburgo, graduándose como Bachelor of Science (BSc) e como Master of Arts (MA). Obtivo unha bolsa de estudos para escolares na Exposición de 1851 para estudos e investigacións avanzadas, o que lle permitiu estudar a alimentación dos peixes mariños. Despois de máis estudos realizados na Universidade de Múnic e na de Zürich, acadou o título de doutor en Xeoloxía en 1894 na Universidade de Iena (Alemaña).
Gilchrist estudou bioloxía mariña en Nápoles, Mónaco e na illa de Man antes de volver a ensinar zooloxía na Universidade de Edimburgo. Durante este tempo traduciu ao inglés Monismus als Band zwischen Religion und Wissenschaft, de Ernst Haeckel, en dous volumes titulados por separado, Monism as Connecting Religion and Science en 1894,Gilchrist, John (1894): Monism as connecting religion and science. The confession of faith of a man of science. By Ernst Haeckel. Translated from the German by J. Gilchrist. e, así mesmo de Haeckel, Confessions of faith of a man of science (Confesións de fe dun home de ciencia) en 1903.Gilchrist, John (1903): Confessions of faith of a man of science. London: A. and C. Black. ISBN 978-0-5989-1538-2.
Pouco despois desprazouse a Suráfrica, onde ocupou o primeiro posto de director do Marine Biological Survey desde 1896 a 1907.Gilchrist, John Dow Fisher en Office of Government Biologist, South African Museum, Cape Town, South Africa . Consultada o 28 de outubro de 2020. Pechada por falta de fondos, a institución retomou as súas actividades cun novo nome en 1920; as expedicións realizáronse no barco baleeiro a vapor SS Pickle cedido polo almirantado.Dr. John Dow Fisher Gilchrist en Biographical Etymology of Marine Organism Names. G . Consultada o 28 de outubro de 2020.
Gilchrist describiu numerosos taxons de xéneros e especies de peixes.
Algunhas publicacións Gilchrist contribuíu con numerosos traballos científicos en numerosas revistas científicas, entre elas: Annals of the South African Museum, Transactions of the South African Philosophical Society, Transactions of the Royal Society of South Africa, e Reports of the South African Association for the Advancement of Science.
Ademais publicou, enmtro ourtos, os seguintes libros: South African Zoology. A Text Book for the Use of Students, Teachers and Others in South Africa (O Cabo e Pretoria, 1912). The Freshwater Fishes of South Africa: Volume 11, Parts 5-6 of Annals of the South African Museum (Trustees of the South African Museum, 1913). Practical zoology for medical & junior students (E. & S. Livingstone, 1922).
Epónimos O xénero Gilchristella da familia dos clupeidos foi nomeado na súa honra por Henry Weed Fowler en 1935.
Abreviatura A abreviatura Gilchrist emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Científicos de Suráfrica Categoría:Ictiólogos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Ictiólogos de Suráfrica Categoría:Zoólogos de Suráfrica Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Finados en 1926