Benjamin James Chilwell, nado o 21 de decembro de 1996 en Milton Keynes, é un futbolista inglés. Xogar de lateral esquerdo e o seu actual club é o Chelsea FC da Premier League inglesa. Ademais, é internacional coa selección inglesa.

Traxectoria Chilwell uniuse ó Leicester City en 2009 con 12 anos, procedente do Rushden & Diamonds. Fixo o seu debut coma profesional o 27 de outubro de 2015 nun partido da Football League Cup contra Hull City.

O 19 de novembro de 2015, Chilwell foi cedido ó Huddersfield Town do Football League Championship ata o 3 de xaneiro de 2016. O 28 de xullo de 2016, Chilwell renovou o seu contrato co Leicester ata xuño de 2021. O 20 de outubro de 2018, asinou un novo contrato co Leicester ata xuño de 2024.

O 26 de agosto de 2020, Chilwell fichou polo Chelsea FC por unha cantidade estimada de 45 millóns de libras, e asinou un contrato por cinco anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Chelsea FC Perfil na Football Association

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Buckinghamshire Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Leicester City FC Categoría:Xogadores do Huddersfield Town AFC Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA