Pablo Seoane Rodríguez, nado en Ferrol en 1968, é investigador, compositor e pianista dentro do ámbito do jazz, a improvisación e a música contemporánea. Filólogo, tradutor, graduado en filosofía e doutorando en filosofía da música."Pablo Seoane" .

Traxectoria Estudou música e filoloxía inglesa en Salamanca, A Coruña e Estados Unidos (Wake Forest, NC). Desde hai máis de quince anos desenvolve unha intensa actividade como pianista e compositor en distintas formacións, xeralmente vinculadas ao jazz e á improvisación libre. Ten composto música para teatro e levado a cabo tarefas docentes en diversas institucións.

Entre as súas actividades figuran a xestión xunto a LAR Legido das jam-sessions semanais de improvisación libre no Café El Puente (Santiago de Compostela) e a dirección, en colaboración con Javier Turnes, duns multidisciplinares Encontros de Filosofía e Música ‘Pensar a voces’ que se celebraron en Cee desde 2012. Así como os grupos de improvisación "Pablo Seoane Trem", unha agrupación de formación de vangarda galega, coa base colaborativa da violinista Elena Vázquez Ledo e o contrabaixista Saúl Puga, "Lupercal", "Tripo" e "Machín not Workin´ Properly".

No ano 2006 dirixiu o evento After Falou, Sar 40 no 2010 e La Bambola Malata (free pocket-opera no 2011). Presentou na conferencia en Música Contemporánea "Xornadas de Música Contemporanea de Compostela" do 2014 a peza "Festas do Erro".

Como doutorando en filosofía e musicólogo publicou "Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical" en Athenaica Edicións"Pablo Seoane" . no que interpreta a tradición e natureza da obra musical en termos similares a Vladimir Jankélévitch, como un contexto forzosamente improvisativo. Noutra banda dedica estudos á arbitrariedade na gramática de Wittgenstein e a relación da mesma con certos rasgos musicais e coa propia creación artística.

Traduciu ao galego a Guillaume Apollinaire, en O bestiario ou cortexo de Orfeo (Edicións Positivas, 2019) "Pablo Seoane" . e a Henry David Thoreau, en Desobediencia civil e Vida sen fundamentos (Edicións Positivas, 2002)Martínez, Iago (9/7/2012). "Desobedientes y heterodoxos. Axóuxere Editora traduce al gallego a Aldous Huxley y H. D. Thoreau" El País .

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ápeiron: estudios de filosofía, ISSN-e 2386-5326, Nº. 10, 2019 (Exemplar dedicado a: Wittgenstein, música e arquitectura), páxs. 75-89: Wittgenstein, gramáticas musicales y arbitrariedad. Outros artigos L.A.R. Legido

Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Pianistas de jazz