O río Lérez, ademais do río, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe ao último treito do leito fluvial do río Lérez. Esta área de conservación ocupa 149,55 ha. dos concellos pontevedreses de Cerdedo Cotobade, O Campo Lameiro e Pontevedra. Remata na desembocadura do río Lérez na zona interior da ría de Pontevedra, preto da cidade. Destaca polo seu interese para a pesca e algúns tramos ben conservados da flora de ribeira.

Xeografía O espazo protexe territorio de Lérez, Mourente, Santa María de Xeve, Xeve e Bora no concello de Pontevedra; do Campo e As Fragas no concello do Campo Lameiro; e de Tenorio, Viascón e Sacos no concello de Cerdedo Cotobade.

Comeza na ponte vella de San Xusto en Sacos, Cerdedo Cotobade, e ampara ao leito e ribeiras do Lérez ata chegar á praia fluvial de Pontevedra, que se atopa no lugar da Torre, Lérez. Nese treito o río ten as insuas da Illa Rociña e da Ínsua do Pego. Atópanse tamén nel as praias fluviais do rego dos Pozos (entre As Fragas e Tenorio) e a do Canal (entre Xeve e Tenorio). Neste treito do Lérez só chegan, e están protexidos, reducidas extensións de varios regatos pequenos. O maior é o río Almofrei, que conflúe no encoro de Bora.

Hábitats O Lérez protexe a dous hábitats prioritarios da tipoloxía de peudo-estepas fluviais e de bosques de ribeira con abeneiros e freixos. A meirande parte da súa extensión de interese son formacións herbosas naturais e seminaturais, e en menor medida a de abeneiros e freixos, e as carballeiras (Quercus robur) e os cerquiños (Quercus pyrenaica). O seu treito final ao leste acolle a hábitats de esteiros.

Fauna e flora Flora Entre as especies de interese de conservación atópanse as especies Narcissus cyclamineus, N. triandrus e especies de Sphagnum. No Lérez atópanse dúas especies vexetais presentes no do catálogo galego de especies ameazadas: o musgo Fontinalis squamosa e N. cyclamineus.

Fauna Algunhas especies de interese do Lérez son o caracol Quimper Elona, os odonatos Oxygastra curtisii e Macromia splendens, ou o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).

As especies presentes e incluídas no catálogo galego de especies ameazadas son: Grupo Especie Invertebrados Cerambyx cerdo Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Macromia splendens Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Invertebrados Oxygastra curtisii Peixes Petromyzon marinus Peixes Salmo salar Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación O "Río Lérez" foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Río Lérez