Frans Oskar Merikanto, nado en Helsinqui (Finlandia) o 5 de agosto de 1868 e finado en Oitti (Hausjärvi, Finlandia) o 17 de febreiro de 1924, foi un compositor, músico, director de orquestra e mestre finlandés. Merikanto tivo unha especial relevancia no desenvolvemento da música relixiosa e as representacións operísticas en Finlandia. Entre as súas composicións salientan as súas obras para piano, que lle proporcionaron gran popularidade, e as súas cancións.
Traxectoria O pai de Oskar Merikanto, Frans Ferdinand Ala-Kanto, de Jalasjärvi (Ostrobotnia do Sur, que tiña o apelido sueco Mattsson cando se uniu ao exército Finlandés. En 1882 mudou o seu apelido por Merikanto, "meri" significa "mar" e fai referencia á súa viaxe dende Vaasa ata Helsinqui, mentres que "Kanto" fai referencia ás súas orixes na propiedade Kanto.
En 1887 foi admitido para estudar no Conservatorio de Leipzig, onde se formou ata 1889 co apoio de Aurora Karamzin. Dende 1892 ata a súa morte exerceu como organista na igrexa de San Xoán de Helsinqui.
Pianista e organista Oskar Merikanto foi un salientado pianista e organista. Como pianista percorreu Finlandia dando concertos como acompañante de cantantes e instrumentistas, traballo no que era recoñecido non só pola súa calidade como instrumentista senón por apoiar ás persoas ás que acompañaba por todos os medios posibles.
Notas
Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Compositores de Finlandia