A Subida a Celas de Peiro foi unha carreira automobilística de montaña celebrada anualmente en Celas (Culleredo) entre 1976 e 1982. Estaba organizada pola Escudería Centollo e foi puntuable para o Campionato Galego de Automobilismo e o Campionato de Galicia de Montaña.

Historia En 1975 o Moto Club Coruña organizara unha subida motociclista a Celas, en Culleredo. En 1976 pasaron a celebrarse o mesmo día a subida motociclista e outra para automóbiles organizada pola Escudería Centollo. O coruñés Santiago Salido cun Alpine A110 1800 gañou a primeira edición e tamén a segunda, empatando nesta última no primeiro posto co pontevedrés Alberto González "Camba". En 1978 o gañador foi o coruñés Carlos Arrojo cun SEAT 600 1800, mentres que os Alpine A110 1800 de Camba e José Manuel Oanes completaron o podio. Camba venceu de novo en 1979 e 1982, mentres que Carlos Piñeiro e Luis Barrio gañaron nas edicións de 1980 e 1981.

Palmarés +AnoNomeVencedorVehículo1976I Subida á Coruña Santiago SalidoAlpine A110 18001977II Subida á Coruña Santiago Salido e Camba (empate)1978III Subida a Celas de Peiro "Memorial Carlos Pan Aguiar" Carlos ArrojoSEAT 600 18001979IV Subida de Velocidade á Coruña CambaSelex Fórmula 18001980V Subida a Celas de Peiro Carlos PiñeiroSEAT 124 21001981VI Subida automobilística a Celas de Peiro Luis BarrioSelex Fórmula 18001982VII Subida a Celas CambaSelex 16V

Notas

Celas de Peiro Categoría:Culleredo