Abel Ramón Caballero Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de setembro de 1946, é un político, economista e escritor galego. Desde 2007 é alcalde de Vigo polo PSdeG-PSOE.

Traxectoria miniatura|Abel Caballero en 1986. Abel Caballero é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo o máster en Economía pola Universidade de Essex e é doutor pola de Cambridge.La segunda (y feliz) vida política de Abel Caballero Desenvolveu o seu labor como docente en diversas universidades españolas e europeas. É alcalde da cidade de Vigo dende xuño de 2007 e é Catedrático de Teoría Económica en excedencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Posúe así mesmo o título de Oficial da Mariña mercante. Ademais, é presidente da Federación Española de Municipios e Provincias dende setembro de 2015.

Abel Caballero conta cunha ampla traxectoria política. Durante a súa xuventude, militou no Partido Comunista de España, pasando a formar parte posteriormente do Partido Socialista Obrero Español. Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións entre 1985 e 1988, durante o Goberno de Felipe González, foi deputado do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados durante a II lexislatura, pola Provincia da Coruña, e durante a III, IV, V e VI lexislaturas, pola Provincia de Pontevedra, ata 1997. Nese ano, abandonou o seu escano no Congreso para presentarse como candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións da V lexislatura autonómica. Debido ós malos resultados obtidos polo PSdeG-PSOE neses comicios, Caballero pasou á segunda fila da escena política, aínda que mantería o seu escano no Parlamento de Galicia ata a constitución da VI lexislatura tralas eleccións autonómicas de 2001.

Tras exercer como docente durante cinco anos na Universidade de Vigo, Abel Caballero retomou a súa actividade política o 22 de setembro de 2005 co seu nomeamento como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

En 2007, foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vigo. Tralas eleccións municipais de maio de 2007, a corporación local quedou constituída por 13 concelleiros do PP (44,12 % dos votos), 9 do PSdeG-PSOE (29,43 % dos votos) e 5 do BNG (18,58 % dos votos), conseguindo desta forma o Partido Popular a maioría no pleno. Con todo, o pacto de investidura e co-goberno alcanzado entre os socialistas e os nacionalistas investiu a Abel Caballero como novo alcalde da cidade en substitución da popular Corina Porro.

Tralas eleccións municipais de 2011, que outorgaron 13 concelleiros ó PP (42,39 % dos votos), 11 ó PSdeG-PSOE (34,43 % dos votos) e 3 ó BNG (11,26 % dos votos), Caballero saíu novamente reelixido alcalde da cidade, sendo o primeiro alcalde en conseguilo dende 1987, logrando ademais o mellor resultado para o PSdeG-PSOE en vinte anos, aínda que nesta ocasión o BNG, quen o apoiou cos votos dos seus edís no pleno de investidura, rexeitou reformular o bipartito, pasando desta forma, xunto co PP, á oposición..

Nas eleccións municipais de 2015 conseguiu maioría absoluta con 17 concelleiros, o PP conseguiu 7, Marea 3 e o BNG quedou sen ningún.Elecciones en Vigo | Caballero arrasa con 17 concejales en el mayor éxito de una fuerza política en la historia de Vigo 25/5/2015., logrando o mellor resultado da historia de calquera outro alcalde en Vigo. Como consecuencia dos resultados das eleccións a nivel estatal, Abel Caballero fíxose tamén coa presidencia da FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias, cargo que ocupou ata setembro de 2023.

Nas eleccións municipais de 2019 volveu a lograr maioría absoluta cun 67% dos votos e 20 concelleiros, o PP conseguiu 4, Marea 2 e o BNG 1. Desta forma, converteuse no alcalde máis lonxevo da cidade tras Manoel Soto e conseguiu o mellor resultado histórico dun alcalde nunha cidade galega, pulverizando os rexistros de Paco Vázquez na Coruña en 1991 e 1999.

Obra literaria Ademais de obras científicas, Abel Caballero escribiu catro novelas: La elipse templaria (Ediciones Martínez Roca, 2002) El hombre que tenía miedo al mar (Ediciones Martínez Roca, 2003) El invierno de las almas desterradas (Belacqva de Ediciones y Publicaciones, 2004) La puerta amarilla (Styria de Ediciones y Publicaciones, 2006)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Xerome Calero. "As luces que apaga Abel Caballero. Retrato dunha cidade coa cultura en desmontaxe" A Nosa Terra, 5/12/2018. Afonso Eiré. "O Alcalde de Vigo Abel Caballero" A Nosa Terra, 4/6/2019.

Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Catedráticos da Universidade de Vigo Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo Categoría:Nados en 1946 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Ministros de Fomento de España