Behbud Mustafayev, nado o 13 de marzo de 1982 en Bakú (RSS de Acerbaixán) é o primeiro sacerdote católico de etnia azerí do que se ten constancia na historia da Igrexa católica.
Traxectoria Naceu o 13 de marzo de 1982 en Bakú nunha familia musulmá. Graduouse da Academia Nacional de Aviación de Acerbaixán e posteriormente traballou nas Aduanas do seu país. En 2008 converteuse ao catolicismo, e foi bautizado na igrexa da Inmaculada Concepción de Bakú, tomando o nome de «David». En 2011 ingresou no seminario María Raíña dos Apóstolos de San Petersburgo. O 29 de maio de 2016 foi ordenado diácono na catedral da Asunción de San Petersburgo, polo arcebispo da Nai de Deus en Moscova Paolo Pezzi, para servir na prefectura apostólica de Acerbaixán. O 7 de maio de 2017 foi ordenado sacerdote polo papa Francisco na basílica de San Pedro.
Notas
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Bakú Categoría:Sacerdotes católicos de Azerbaidján Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI