Manuel Jaime Barreiro Gil, nado en Freixeiro (Santa Comba) o 18 de agosto de 1951, é un economista e político galego.
Traxectoria Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela, acadando posteriormente o doutoramento. Foi membro durante breve tempo de Voces Ceibes. Durante ese tempo era coñecido como "O Chuspe".
Dirixente do PSG, foi un dos que se incorporou ao PSdeG trala aprobación da constitución. Foi senador de 1982 a 1996 pola provincia da Coruña. Foi presidente do Grupo Parlamentario Socialista do Senado e membro da Unión Parlamentaria Internacional e das Asembleas Parlamentarios do Consello de Europa, a Organización do Tratado do Atlántico Norte, a Unión Europea Occidental e a Organización para a Seguridade e a Cooperación Económica.
Foi decano da Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC entre o 2003 e o 2007, impartindo na actualidade docencia na área de Historia e Institucións Económicas.
Obras Población, propiedad de la tierra y formación del mercado agrario en Galicia 1900-1930, 1983. Prosperidade e atraso en Galicia durante o primeiro terzo do século XX, 1990. As raiceiras históricas do cooperativismo agrario en Galicia, 2013
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado Ficha en Santa Comba na memoria
Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Voces Ceibes Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela