miniatura|280px|Vista da Main Street de Middletown, CT. Middletown é unha cidade estadounidense do condado de Middlesex, no estado de Connecticut.

Xeografía miniatura|220px|En vermello, localización da cidade de Middletown no condado de Middlesex (en rosa) dentro do estado de Connecticut.

Localizada nas beiras do río Connecticut, na parte central del estado, a 26 km ao sur de Hartford, a capital do estado.

A cidade abarca unha superficie total de 109,6 km², dos que 105,9 km² son de terra e 3,7 km² de auga, e está situada a unha altitude media de 12 msnm.

Segundo o censo de 2005 contaba cunha poboación de 47 438 habitantes,City data. Middletown-Connecticut, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 442,93 hab./km².

Evolución da poboación En 1910 11 851 persoas vivían na cidade. En 1940 xa contaba con 26 495 habitantes, e no censo do ano 2000 a súa poboación era de 43 167 habitantes.

Historia En 1650 foi incorporada como unha vila baixo o seu nome orixinal indio, Mattabeseck. Recibiu o seu nome actual en 1653. En 1784, o poboado central foi incorporado como unha cidade á parte do pobo. En 1923, a cidade de Middletown, consolidouse co poblo, facendo que os límites da cidade foran máis extensos.

Orixinariamente era un porto de veleiros moi ocupado, pasando despois a coneverterse nun centro industria. Na actualidade é en gran medida unha cidade residencial e cidade universitaria, sede da Universidade Wesleyana en Middletown.

Desde a creación do condado de Middlesex en 1785 até a eliminación do goberno do condado en 1960 Middletown foi a sede do condado.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía History of Middlesex County 1635-1885: With Biographical Sketches of Its Prominent Men. Pratt & Read Co. (Nova York: J. B. Beers & Co., 1884). History of Middlesex County, Connecticut, Whittemore, (Nova York, 1884). Middletown Upper Houses: A History of the North Society of Middletown from 1650 to 1800, C. C. Adams, (Nova York, 1908).

Categoría:Cidades de Connecticut