For Your Own Special Sweetheart é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-hardcore Jawbox, publicado o 8 de febreiro de 1994 a través do selo Atlantic Records. O disco foi producido por Ted Niceley, coñecido sobre todo polo seu traballo con Fugazi. Trátase da estrea da banda cun gran selo tras deixar Dischord Records e fichar con Atlantic. Tamén é o seu primeiro álbum con Zachary Barocas na batería, despois de substituír o batería orixinal Adam Wade dous anos antes. O disco non tivo un grande éxito comercial a pesar de recibir críticas positivas.
"Savory" foi o primeiro sinxelo do álbum, seguido por "Cooling Card". "Motorist" e "Jackpot Plus!" lanzáranse anteriormente nun sinxelo de Dischord e regraváronse para este disco. O álbum foi remasterizado e reeditado por DeSoto en 2009 con tres cancións extra (caras b do sinxelo "Savory") e unha nova portada.
A publicación en liña Pitchfork Media situou a For Your Own Special Sweetheart no número 70 da súa lista dos 100 mellores álbums dos anos 90.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Jawbox Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums producidos por Ted Niceley Categoría:Álbums de Atlantic Records