Okean O1 foi unha serie de oito satélites artificiais soviéticos lanzados entre 1986 e 1995.

Características Os satélites Okean O1, precedidos polos satélites experimentais Okean E e Okean OE, foron satélites lanzados para monitorizar a superficie oceánica. Cada un dos satélites podía obter datos das augas de todo ártico soviético en entre 3 e 5 días. Usaban o bus Tselina-D e levaban a bordo un radiómetro, dúas cámaras multiespectrais para o estudo da superficie mariña e a cuberta nubosa e un radar en banda X cunha resolución máxima de 0,7 km.

Os dous primeiros satélites da serie foron lanzados baixo a denominación Kosmos 1766 e Kosmos 1869, mentres que o resto foi lanzado xa coa denominación Okean. O oitavo e último satélite da serie foi renomeado Sich 1 e foi operado como un proxecto conxunto entre Rusia e Ucraína. Tódolos satélites Okean O1 foron lanzados mediante foguetes Tsiklon-3.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKosmos 176628 de xullo de 1986Tsiklon-3ÉxitoKosmos 186916 de xullo de 1987Tsiklon-3ÉxitoOkean 15 de xullo de 1988Tsiklon-3ÉxitoOkean O1-49 de xuño de 1989Tsiklon-3ÉxitoOkean 228 de febreiro de 1990Tsiklon-3ÉxitoOkean 34 de xuño de 1991Tsiklon-3ÉxitoOkean 411 de outubro de 1994Tsiklon-3ÉxitoSich 131 de agosto de 1995Tsiklon-3Éxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tsiklon-3 Okean E Okean OE Okean O

Categoría:Satélites artificiais