Creighton Tull Chaney, nado en Oklahoma City o 10 de febreiro de 1906 e finado en San Clemente, California, o 12 de xullo de 1973, coñecido como Lon Chaney Jr., foi un actor estadounidense coñecido por interpretar a Larry Talbot no filme The Wolf Man (1941) e en varios crossovers, a Count Alucard (Drácula deletreado ao revés) en Son of Dracula, o monstro de Frankenstein en The Ghost of Frankenstein (1942), a momia en tres filmes e outras personaxes en numerosos filmes de terror de Universal. Interpretou tamén a Lennie Small en Of Mice and Men (1939) e pequenos papeis secundarios noutros filmes de éxito. Orixinalmente foi acreditado como Creighton Chaney, dende 1935 como "Lon Chaney, Jr." e dende Man Made Monster (1941), foi case sempre acreditado co nome do seu pai, Lon Chaney, pola insistencia do estudio. A carreira de Chaney no cinema e na televisión durou entre 1931 e 1971.
Traxectoria Chaney naceu en Oklahoma City e traballou duro para evitar estar á sombra da fama do seu pai, o actor Lon Chaney. A súa primeira aparición nun filme foi sen acreditar en Girl Crazy en 1932, e o seu primeiro traballo inmportante, aínda sen ser o protagonista, realizouno en Ave do paraíso, con Dolores del Río.̼
En 1941, Chaney interpretou a personaxe epónima na versión de The Wolf Man para Universal Pictures, unha caracterización que o marcou o resto da súa vida. Durante os anos seguintes realizou papeis en filmes de terror, ademais de series de misterios parapsicolóxicos e papeis en filmes do oeste.
Tras deixar o estudio, traballou de xeito esporádico, en parte polo seu encadramento no cinema de terror, en parte polo seu alcoholismo, e en parte polo cancro de gorxa que o afectou durante os últimos anos da súa vida, a mesma doenza que acabou coa vida do seu pai.
Vida persoal Chaney casou dúas veces. A súa primeira esposa Dorothy divorciouse de en 1936 porque bebía demasiado e era fusco. Casou con Patsy Beck en 1937. Tivo dous fillos coa súa primeira esposa, Lon Ralph Chaney e Ronald Creighton Chaney.
Chaney era apreciado por algúns dos seus colegas (o adxectivo que máis usaban para referirse a el aqueles que o apreciaban era "doce"), aínda que era tamén capaz de intensos odios. Por exemplo, el o seu compañeiro habitual Evelyn Ankers non se levaban ben a pesar da súa química en pantalla. Tamén era coñecido por facerse amigo de actores novos e defender os vellos que sentía que eran menospreciados polos estudios. Un exemplo foi William Farnum, grande estrela do cinema mudo que interpretou un pequeno papel en The Mummy's Curse. Segundo o coprotagonista Peter Coe, Chaney pediu que Farnum tivese a súa propia cadeira no plató e fose tratado con respecto, ou el marcharía do filme.
Chaney tivo discusións co actor Frank Reicher (a quen case estrangula fronte a cámara en The Mummy's Ghost) e co director Robert Siodmak (Chaney rompeu un floreiro sobre a súa cabeza).Smith, Don G., Lon Chaney Jr.: Horror Film Star, McFarland & Co., 1996 O actor Robert Stack afirmou na súa autobiografía de 1980 que Chaney e o seu compañeiro de borracheiras Broderick Crawford eran coñecidos como "os monstros" en Universal Pictures polo seu comportamento cando estaban bébedos que con frecuencia acababa en sangue.Stack, Robert, Straight Shooting, Macmillan Publishing Co., Inc., 1980, p. 64
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lon Chaney Jr, Horror Film Star, 1906–1973 (1996) Ligazóns externas Lon Chaney Jr. Informative Biograph Chaney Jr. Applications of Make-Up Through the 1940s–1960s Additional Information on Chaney's Career Chaney, Lon Jr. Encyclopedia of Oklahoma History and Culture
Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Oklahoma Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa