Lori Barbero, nada en Minneapolis (Minnesota) o 27 de novembro de 1961, é unha música estadounidense. Foi a batería da banda de riot grrrl Babes in Toyland. Tocou tamén nas bandas Eggtwist e Koalas.

Foi tamén unha das propietarias do agora desaparecido selo de Minneapolis Spanish Fly Records, que contaba con bandas como Smut, Dumpster Juice, Milk, REO Speedealer, Sleep Capsule e Likehell.

Lori aparece no documental 1991: The Year Punk Broke, que se centra na xira europea de finais de 1991 de Nirvana e Sonic Youth, e no que tamén aparece Babes in Toyland interpretando o tema "Dust Cake Boy".

Na actualidade traballa no Hole in the Wall en Austin (Texas) como camareira de cócteles.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota Categoría:Nados en 1961