Marcelino de Santiago Viqueira, máis coñecido como Kukas, nado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 1954, é un artista e creador multidisplinar galego. A súa actividade abrangue desde a pintura ou a fotografía ata a literatura, a escultura, as artes escénicas ou a música.

Traxectoria Graduouse en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, Especialidade de Fotografía Artística.

Como pintor realizou desde 1967 máis de 70 exposicións individuais e colectivas en Madrid, Pontevedra, Segovia, Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Vilagarcía de Arousa, O Barco de Valdeorras.

Como fotógrafo realizou desde 1975 máis de 60 exposicións individuais e colectivas en Bilbao, Vigo, Bruxelas, Salamanca etc. Colaborou co Museo do Pobo Galego (1980-82), Museo das Peregrinacións (1984), e a familia Valle Inclán na recuperación e conservación do arquivo do escritor.

Como deseñador gráfico realizou portadas de discos para: Milladoiro, Faíscas do Xiabre, Cadros Malvendidos, carteles como Sorteo Extraordinario de Verán de 1982 da Lotería Nacional, Monicreques de Kukas, Mofa e Befa, Centro Dramático Galego, Ollomol, Teatro da Lúa, Medusa, Áncora, Concello de Santiago, Grupo de Cámara e Aula de Teatro da Universidade de Santiago, VII e VIII Homenaxe ás Bandas Populares, Milladoiro etc. Foi director da sección de artes gráficas da revista universitaria de cultura, Coordenadas (1979-1983).

Como autor dramático estreou máis de 20 obras: O Peluquillas Langarillas, Pirula do Vertedeiro, A rúa das Balconadas, Don Gaiferos, Unha noite no Pórtico do Paraíso, Federico Federico, Galiza Máxica, Contos do vento acatarrado, Sen Título 8x4x6, 7 Cuentos capitales (Historias Para Pícaros adultos), El Kikirijote, aventuras y desventuras de un gallo de corral. Coa segunda montaxe, Manolo Tirantes e Santiago Mandíbulas, estivo detido por criticar as autoridades.

Tamén se dedica á interpretación actoral, a pantomima e a animación de monicreques.

Ademais tense dedicado ao ensino impartindo cursos de construción, animación e posta en escena con monicreques, bonecos, teatro, fotografía ou artes plásticas en diferentes lugares.

Os monicreques de Kukas En 1979, Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rey Pousada fundaron en Santiago de Compostela Os monicreques de Kukas.

Traballaron na investigación e creación de novas marionetas que permitiron novos espectáculos de grande formato. Participaron nos circuítos teatrais galegos e en festivais internacionais. Os seus noicreques están representados en diferentes museos, como Lalín, Bilbao e Almagro.

En 1994 colaboraron co CDG para montar O Mariscal. En 1997 coa Xunta de Galicia e o IGAEM en Unha noite no Pórtico do Paraíso. En 2001 comienzan a colaborar coa Real Filarmonía de Galicia en El Retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla e o Carnaval de los animales de C. Saint Saëns no 2003 dirixidas por A. Ros Marbá; en 2004 a Cantata San Nicolas de Britten e en 2009 El Castillo da Rocha Vella dirixidas por Maximino Zumalave.

En 2004 celebraron o seu 25 Aniversario con Galicia Máxica invitados polo IGAEM e o XACOBEO 2004. En 2007 Ministerio de Cultura convidounos a crear La Doncella Guerrera, espectáculo complementario á exposición das Misiones Pedagógicas 1931-1936. En 2015 o Festival da Ópera da Coruña encargoulles A Flauta Máxica de Mozart en colaboración con Zoar.

En 2017 o Pleno do Concello de Santiago de Compostela estableceu un convenio de colaboración coa compañía para crear a Casa dos Monicreques un centro de promoción, produción e didáctico, proxecto que foi apoiado pola Deputación da Coruña.

En 2019 estrearon Arlequina un espectáculo multimedia e musical en colaboración co quinteto de vento Zoar.

Premios

1993: Premio Compostela á mellor escenografía por Saxo Tenor de Roberto Vidal Bolaño. 1997: Mención de Honor polo seu traballo no teatro de marionetas do CDTB e Festival Internacional de marionetas de Bilbao. 2011: Premio María Casares á mellor escenografía pola obra O Cránio Furado dirixida por Quico Cadaval. 2019: Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Títeres de Kukas. 2019: Premio Xiria da MITCFC polo seu labor teatral 2019: Premio de Honra da Asociación de amigos de el Teatro de Cuenca y Titiricuenca. 2020: Premio da Crítica de Galicia Artes Escénicas por Arlequina e a súa traxectoria.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1954 Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega