miniatura|dereita|Competición de tiro con arco durante os Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas. O tiro con arco foi eliminado do programa olímpico despois de 1920, sendo reinstaurado en 1972. Os deportes olímpicos son disputados nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno. Os Xogos Olímpicos de 2016 contaban con 28 deportes, e no programa dos Xogos Olímpicos de 2020 inclúense cinco deportes adicionais; os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 contaban con sete deportes. O número e os tipos de probas poden variar lixeiramente dunha olimpíada a outra. Cada deporte olímpico está representado por un organismo internacional ou federación internacional. O Comité Olímpico Internacional (COI) estabelece unha xerarquía dos deportes, das disciplinas e das probas. Segundo esta xerarquía, cada deporte olímpico pode subdividirse en múltiples disciplinas, que moi a miúdo son confundidas cos deportes. Exemplos disto son a natación e o wáter-polo, que de feito son disciplinas do deporte acuático (representado pola Federación Internacional de Natación), ou a patinaxe artística sobre xeo e patinaxe de velocidade sobre xeo, que son disciplinas da patinaxe sobre xeo (representada pola Unión Internacional de Patinaxe sobre Xeo).

Os Xogos Olímpicos pasados incluíron deportes que xa non forman parte do programa, como o polo ou o tiro de corda. Coñecidos como "deportes descontinuados", foron eliminados ou ben pola perda de interese ou pola ausencia dunha organización deportiva axeitada.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas International Olympic Committee - Sports IOC Olympic Programme Commission International Sports Federations

*