Marc Grau Tallada, nado en Lloret de Mar o 28 de decembro de 1995, é un xogador de hóckey a patíns español, que xoga de dianteiro no FC Barcelona.

É irmán de Carles, Álex e Lluis Grau, todos eles xogadores da OK Liga.

Traxectoria Iniciouse no hóckey a patíns seguindo os pasos de seu irmán máis vello Carles. Formouse no CH Lloret, co que debutou na OK Liga e co que xogou varias tempadas na máxima categoría, compartindo equipo cos seus outros dous irmáns, Álex e Lluis. En maio de 2018, despois de ser o máximo goleador do equipo na tempada, fichou polo CE Noia, onde militou durante un ano.

En 2019 fichou polo HC Liceo, xunto a seu irmán Carles, compartindo equipo por primeira vez. Xunto a eles chegaron á Coruña outro par de irmáns, os xemelgos Bruno e Roberto Di Benedetto. Na súa primeira tempada no club galego acabou subcampión da OK Liga, despois de que os play-offs foran cancelados por mor da pandemia por coronavirus, subcampionato que repetiu na tempada seguinte, na que gañou a Copa do Rei. Na campaña 2021/22 proclamouse campión de liga, despois de derrotar na final ao Reus, contribuíndo con 19 goles.

No verán de 2022 tanto el como seu irmán ficharon polo FC Barcelona, comezando a tempada co título da Supercopa de España.

Palmarés Liceo da Coruña OK Liga (1): 2021/22. Copa do Rei (1): 2021. Supercopa de España (1): 2021/22.

FC Barcelona OK Liga (2): 2022/23. 2023/24 Copa do Rei (2): 2023. 2024 Supercopa de España (3): 2022/23. 2023/24. 2024/25

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados na provincia de Xirona Categoría:Nados en 1995 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Xogadores do FC Barcelona (hóckey a patíns)