miniatura|250px|Cunchas de Ensis ensis. A navalla,navall , 2ª acp., no dicoinario da RAG. Ensis ensis, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.

A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen ensis.Linnaeus, C. (1758): Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae. (Laurentii Salvii). Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.

É comestíbel e moi apreciada gastronomicamente.

Descrición Ten unha cuncha alongada, algo curvada (máis do que na especie Ensis arcuata) coas valvas simétricas, de até uns 15 cm de lonxitude.Roldán e Otero (1996), p. 239.

Distribución

Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.

É unha especie moi común no océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.

En Galicia Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, especialmente desde a ría de Muros e Noia até a desembocadura do Miño, aínda que é pouco abundante.

Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ardovini, R. & Cossignani, T. (2004): West African seashells (including Azores, Madeira and Canary Is.) = Conchiglie dell'Africa Occidentale (incluse Azzorre, Madeira e Canarie). English-Italian edition. L'Informatore Piceno: Ancona, Italy. ISBN 88-86070-11-X. Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0. Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 5. Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos Bivalvos Veneroides Solenoideos Lista de bivalvos de Galicia

Ligazóns externas Ensis ensis en ARKive.

Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Marisco