Boris Franz Becker, nado en Leimen o 22 de novembro de 1967, é un antigo xogador de tenis alemán. Gañou 49 torneos individuais e 15 dobres. En individuais, logrou seis títulos de Grand Slam: Wimbledon en 1985, 1986 e 1989, o Aberto de Australia en 1991 e 1996, e o Aberto dos Estados Unidos en 1989. O 1 de xullo de 1985 converteuse no primeiro xogador que non era cabeza de serie, no primeiro alemán e no máis novo (17 anos e 7 meses) que gañou Wimbledon.
Gañou a Copa Davis en 1988 e 1989 con Alemaña e tamén gañou a medalla de ouro en dobres masculinos nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, xunto con Michael Stich. Foi número 1 na clasificación da ATP durante 12 semanas en 1991. As ganancias pola súa carreira suman un total de 25 millóns de dólares.
Despois da súa retirada foi comentarista de tenis para a BBC entre 2002 e 2013. Entre 2014 e 2016 foi o adestrador do tenista Novak Đoković.
Estatística Individuais Alemaña OccidentalAlemañaTorneo19831984198519861987198819891990199119921993199419951996199719981999SRW-LVitorias %Torneos de Grand SlamAberto de AustraliaAQF2RNH4RA4RQFW3R1RA1RW1RAA2 / 1129–976.32Roland GarrosAA2RQFSF4RSF1RSFA2RA3RAAAA0 / 926–974.29WimbledonA3RWW2RFWFFQFSFSFF3RQFA4R3 / 1571–1285.54US OpenAA4RSF4R2RWSF3R4R4R1RSFAAAA1 / 1137–1078.72Win–Loss0–06–211–316–211–410–322–215–420–39–39–45–213–49–14–20–03–16 / 46163–4080.30 Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial Perfil ATP Perfil no Salón Internacional da Fama do tenis
Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Nados en 1967 Categoría:Tenistas olímpicos de Alemaña Categoría:Campións do US Open Categoría:Campións do Open de Australia Categoría:Campións do Campionato de Wimbledon Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Alemaña Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Adestradores de tenis