José Cuba Vázquez, nado o 15 de abril de 1981 en Berna, pero criado en Vilalba, é un loitador galego.
Traxectoria Fillo de emigrantes galegos en Suíza, volveu coa súa familia á parroquia vilalbesa de San Simón da Costa cando aínda era un neno. Pertence á federación galega de loita e ao Club de Loita Vilalba. En 2009 ficou no décimo primeiro posto no Campionato do Mundo de loita. En 2018 acadou o seu décimo cuarto título como Campión de España de loita olímpica na categoría de -125 kg e sétimo no Campionato de Europa dese mesmo ano. No 2015 obtivo o seu mellor resultado nuns Xogos Europeos, quedando en décimo sétima posición. Nos Xogos Mediterráneos foi subcampión en 2015 e campión en 2016. En novembro de 2020, acadou o seu décimo sexto Campionato de España.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de José Cuba na páxina do Comité Olímpico Español Perfil de José Cuba na páxina de iat.uni-leipzig.de
Categoría:Nados en Berna Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1981 Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Loita libre Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes