O Dassault Rafale é un caza multirrol francés bimotor con configuración canard e con á delta deseñado e fabricado por Dassault Aviation. Equipado cunha gran variedade de armas, o Rafale está deseñado para tarefas de superioridade aérea, interdición, recoñecemento, apoio a terra, ataque de profundidade, ataque anti-buque e disuasión nuclear. Dassault refírese ao Rafale como un avión "omnirrol".

A finais dos 70 a Forza Aérea Francesa e a Armada Francesa buscaban substituír e consolidar as súas frotas de avións. Co obxectivo de reducir custos de desenvolvemento e de impulsar as futuras vendas, Francia entrou no programa co Reino Unido, Alemaña, Italia e España para producir un áxil caza multipropósito, o Eurofighter Typhoon. Posteriores desacordos con respecto á repartición de traballo e diferentes requisitos fixeron que Francia crease o seu propio programa de desenvolvemento. Dassault construíu un demostrador tecnolóxico que voou por vez primeiro en xullo de 1986 como parte dun programa de probas de voo de oito anos, abrindo o camiño para darlle vía libre do proxecto. O Rafale diferénciase doutros cazas europeos da súa época en que está fabricado case enteiramente nun país, involucrando á meirande parte dos grandes contratistas de defensa franceses, como Dassault, Thales e Safran.

Gran parde do equiamento do avión e da súa aviónica, como a entrada de voz directa, o radar de barrido electrónico activo RBE2 AA e o sensor de busca e rastreamento por infravermellos optronique secteur frontal, desenvolvéronse e fabricáronse domesticamente para o programa Rafale. Orixinalmente planeouse a súa entrada en servizo para o ano 1996, pero o Rafale sufriu significativos atrasos debido a recortes no seu financiamento tras o final da Guerra fría e a cambios nas prioridades. O avións está dispoñible en tres versións principais: o Rafale C monopraza baseado en terra, o Rafale B bipraza baseado en terra, e o Rafale M monopraza baseado en portaavións.

Introducido en 2001, o Rafale é fabricado para a Forza Aérea Francesa e para operacións embarcadas na Armada Francesa. O Rafale foi comercializado para ser exportado a distintos países, sendo escollido polas forzas aéreas da India, Exipto, Qatar e Grecia. O avión usouse en combate en Afganistán, Libia, Malí, Iraq e Siria.

Desenvolvemento

Orixes A mediados dos anos 70 tanto a Forza Aérea de Francia (Armée de l'Air) como a Armada (Marine Nationale) tiñan requirimentos para unha nova xeración de cazas que substituísen aos que estaban a piques de ser dados de baixa do servizo.Williams 2002, p. 92 Debido a que eses requirimentos eran semellantes, e para reducir custos, os dous departamentos publicaron unha petición común para que se presentasen propostas. En 1975 o ministerio francés de aviación comezou a estudar un novo avión para complementar ao próximo e máis pequeno Dassault Mirage 2000, con cada un dos aparellos optimizados para distintos roles.

En 1979, a compañía francesa Dassault uniuse ao proxecto de MBB/BAe "European Collaborative Fighter" (ECA) que foi renomeado "European Combat Aircraft".Buttler 2000, p. 134 A compañía francesa colaborou co deseño aerodinámico dun futuro caza bimotor monopraza; porén, o proxecto colapsou en 1981 debido a distintos requirimentos operacionais de cada país participante. En 1983 iniciouse o programa "Future European Fighter Aircraft" (FEFA), participando Italia, España, Alemaña occidental, Francia e o Reino Unido para desenvolver conxuntamente un novo caza, aínda que os últimos tres países tiñan os seus propios proxectos.Eden et al. 2004, p. 168

Varios factores levaron finalmente á marcha de Francia do proxecto. Ao redor de 1984 Francia insistía no seu requirimento para unha versión que puidese operar dende portaavións e demandou un papel de liderado. Tamén insistiu nun caza que puidese cambiar de rol que fose máis lixeiro que o do deseño que preferían as outras catro nacións. Alemaña, Reino Unido e Italia deixaron o proxecto e crearon o novo programa European Fighter Aircraft (EFA). Os tres países acordaron continuar co EFA o 2 de agosto de 1985 en Turín, e confirmaron que Francia e España elixiran non unirse ao proxecto.Donne, Michael (3 de agosto de 1985). "Why three into one will go; Europe's new combat aircraft". Financial Times. A pesar das presións de Francia, España volveu a unirse ao proxecto Eurofighter a pincipios de setmbro dese mesmo ano. O traballo conxunto dos catro países remataría no desenvolvemento do Eurofighter Typhoon."Eurofighter: Spain joins the club." The Economist, 17 de setembro de 1985, p. 68.

Fase de deseño e prototipo En Francio o goberno continuou co seu propio programa. O Ministro de Defensa francés solicitou un avión capaz de operacións aire-aire e aire-terra baixo calquera condición meteorolóxica. A diferenza doutros proxectos de cazas europeos da época que buscaban algún nivel de colaboración internacional e compartir os custos, Francia foi o único país en desenvolver a estrutura, aviónica, sistema de propulsión e armamento do Rafale, que substituiría a varios avións nas forzas armadas francesas. O Rafale realizaría roles anteriormente cubertos por varias plataformas especializadas, como os Jaguar, Mirage F1C/CR/CT, Mirage 2000C/-5/N na Forza Aérea, e os F-8P Crusader, Étendard IVP/M e Super Étendard na Aviación da Armada.

No outono de 1978, antes de que Francia se unise ao ECA, Dassault fi contratada para desenvolver o proxecto ACT 92 (Avion de Combat Tactique). O seguinte ano a Oficina Naconal de Estudo e Investigación Aeronáutica comezou a estudar as posibles configuracións dun novo caza baixo o nome en código Rapace ("ave de presa"). En marzo de 1980 o número de configuracións reducírase a catro, dúas das cales tiñan unha combinación de canards, ás en delta e unha única deriva. En outubro de 1982 o Ministrio de Defensa francés anunciou que Dassault fabricaría un demostrador tecnolóxico chamado Avion de Combat expérimental (ACX). Francia quería coaborar con Alemaña occidental e o Reino Unido no proxecto, pero estaba preparada para fabrical ela mesma o ACX. En 1984 o goberno decidiu proceder cunha variante de combate do ACX debido as conflitos cos criterios técnicos entre os participantes do programa FEFA.Flight International, xaneiro de 1983, p. 445 miniatura|260x260px|Dassault Rafale A O demostrador tecnolóxico resultante, o Rafale A, é un gran caza con á en delta, con cánards móbiles e un sistema de control de voo fly-by-wire. A fabricación do demostrador comezou en marzo de 1984, antes incluso de que se asinase un contrato coa Dirección Xeral de Armamento (DGA), a axencia de adquisicións de defensa francesa. O Rafale A presentouse en decembro de 1985 en Saint-Cloud e realizou o seu primeiro voo o 4 de xullo de 1986 dende a base de Istres-Le Tubé, no sur de Francia. Durante o voo dunha hora, o piloto xefe do proxecto Guy Mitaux-Maurouard levou ao avión a unha altura de 11 000 metros e a unha velocidade de Mach 1,3. O aparello de 9,.5 toneladas parou en 300 metros tras a súa aterraxe.Sedbon, xullo de 1986, p. 4

Durante o programa de probas de voo o Rafale A realizou numerosas engalaxes e despegues diúrnos e nocturnos nos portaavións Clemenceau e Foch para investigar a visibilidade do piloto durante as operacións embarcadas. O avión acadou unha velocidade de Mach 2 e unha altura de 13 000 metros. O demostrador estaba inicialmente impulsado polos turboventiladores General Electric F404-GE-400 con posqueimadores do F/A-18 Hornet, en vez de usar o Snecma M88, para reducir os riscos no primeiro voo e porque o reduce M88 non se consideraba o suficientemente maduro para o programa de probas inicial.Spick 2000, p. 433 Non sería ata maio de 1990 cando o M88 substituíu o F404 no avión para permitirlle acadar Mach 1,4 e demostrar supercruceiro, ou un voo a velocidade supersónica sostida sen o uso de posqueimadores. Tras 865 voos con catro pilotos Rafale A retirouse en xaneiro de 1994.Norris e Sedbon 1991, p. 35

No tempo do primeiro voo do Rafale A Francia negociou sen éxito con Bélxica, Dinamarca, Países Baixos e Noruega sobre unha posible colaboración no Rafale como un proxecto multinacional; na época Bélxica estaba interesada no Rafale B. En xuño de 1987 o primeiro ministro Jacques Chirac declarou que o país continuaría co proxecto cun custo de 30 000 millóns de dólares. Posteriormente, o 21 de abril de 1988, o goberno francés premiou a Dassault cun contrato para catro prototipos do Rafale prototypes: un Rafale C, dous Rafale M e un Rafale B. Agardábase que o primeiro dos 330 Rafale que nun principio sería mercados entrase en servizo en 1996.Sedbon e De Wulf 1986, p. 9Sedbon, xaneiro de 1986, p. 11Flight International, 1991, p. 34 Porén, a caída do Muro de Berlín, que significou o final da Guerra fría, e a necesidade de reducir o déficit nacional, levaron ao goberno francés a reducir dracticamente os seus orzamentos para defensa; os orzamentos de 1994 para o programa Rafale reducíronse en 340 millóns de dólares. Este feito reduciu o número de pedidos, e Dassault e outras compañía involucaradas afirmaron que iso impedía unha boa xestión da produción e que aumentaría os custos e atrasaría a súa entrada en servizo. A Forza Aérea de Francia reorganizouse, o Mirage 5F retirouse completamente e un total de 55 Mirage F1C actualizáronse cunha configuración de caza táctico, pasando a designarse Mirage F1CT. Os recortes nos orzamentos prolongou o desenvolvemento do Rafale considerablemente.Sedbon, xuño de 1989, p. 42Flight International, 1994, p. 27

Durante o programa de probas de voo do Rafale A, o goberno francés tivo en conta en 1989 ao F/A-18 Hornet como un potencial substituto do avellentado F-8 Crusader, que levaba en servizo dende os anos 50. A Armada francesa entrou na compra de F/A-18 de segunda man con Australia, Canadá e os Estados Unidos, despois de que se decidise non actualizar os Crusader. A Armada estadounidense accedeu a subministrar dous F/A-18 a Francia para "probas de interoperabilidade" a bordo do portaavións Foch. O goberno francés finalmente non continuaría coa compra do aparello.Sedbon, outubro de 1989, p. 6

Probas miniatura|260x260px|Rafale M aterrando no portaavións estadounidense USS Theodore Roosevelt Para satisfacer os distintos roles esperados para novo avión, a Forza Aérea solicitou dúas variantes: o monopraza "Rafale C" (chasseur) e o bipraza "Rafale B" (biplace). O prototipo do modelo C (designado C01) realizou o seu primeiro voo o 19 de maio de 1991, marcando o comezo dun programa que tiña como obxectivos proncipais probar os motores M88-2, a interface home-máquina e as armas, e ampliar a envolvente de voo.Eden et al. 2004, p. 169 Debido ao recortes de orzamento nunca se chegou a construír un segundo prototipo monopraza.Williams 2002, pp. 92-93

O C01 difería significativamente do Rafale A. Aínda que superficialmente era idéntico ao demostrador tecnolóxico, era mái pequeno e máis furtivo debido ao canopi recuberto de ouro, un redeseño da unión entre a fuselaxe e a deriva, e a adición de materiais de absorción de radar (RAM). No avión usáronse extensamente materiais compostos,reducindo a sección radar equivalente (RCS) e o peso. Ademais Dassault optou por non instalar entradas de motores variables e un freo aéreo dedicado, o que reducía as tarefas de mantemento e o peso.Williams 2002, p. 93 O B01, o único prototipo da variante bipraza B, realizou o seu primeiro voo o 30 de abril de 1993. Era 350 kg máis pesado que o monopraza, aínda que levaba 400 litros menos de combustible. O avión usouse para probar os sistemas de armas. Despois usouse para validar a separación das armas e o transporte da cargas grandes. A carga típica do aparello era de dous depósitos externos de 2 000 litros, dous mísiles de cruceiro Apache/Scalp, e catro mísiles aire-aire.Williams 2002, p. 94