Ansprando, nado sobre o 657, foi un rei longobardo de Italia. Traxectoria Duque de Asti, foi anteriormente titor do xove rei Liutperto en 700 e logo en 701, antes de se exiliar onda o duque de Baviera Teutperto tras o derrocamento do rei en 702. En 712, deu vencido ao rei Ariperto II, que anteriormente fixera asasinar a súa muller e os seus fillos. Rei en marzo de 712, morre en xuño do mesmo ano designando como sucesor ao único fillo que lle quedaba, Liutprando.
Véxase tamén Bibliografía Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Storia dei Longobardi, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992 ). Jörg Jarnut, Storia dei Longobardi, Torino, Einaudi, 2002. ISBN 88-464-4085-4 . Sergio Rovagnati, I Longobardi, Milán, Xenia, 2003. ISBN 88-7273-484-3 .
Outros artigos Reino longobardo. Longobardos.
Categoría:Duques de Asti Categoría:Reis longobardos Categoría:Finados en 712