miniatura|220px|Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con. Cea, Vilagarcía de Arousa

A hidrobioloxía, ou bioloxía acuática, é a parte da bioloxía que se ocupa do estudo dos ambientes acuáticos.

Divisións Estes ambientes, dependendo do seu grao de salinidade, divídense en dous grandes apartados: Limnoloxía, que se encarga do estudo das augas continentais ou doces, que se caracterizan por teren unha baixa concentración de sais. Oceanografía, que estuda os ambientes acuáticos con alta concentración de sais (esteiros, mares e océanos).Hidrobiología en biologia.cimat.ues.edu.sv .

Importancia miniatura|220px|Marea vermella ocasionada por dinoflaxelados en California Os ecosistemas acuáticos ocupan a maior parte do globo terrestre, e están encuentran constituídos por unha serie de elementos abióticos e bióticos que interactúan entre si de forma harmónica para optimizar a funcionalidade do conxunto. As comunidades biolóxicas acuáticas están formadas por diversos grupos de organismos asociados e relacionados de acordo con características biolóxicas comúns e que, na maioría dos casos, son particulares dos diferentes hábitats acuáticos presentes nunha rexión. Entre estas comunidades, as máis notorias ou de maior relevancia ecolóxica corresponden ao fitoplancton, zooplancton, bentos e necton (na súa maioría peixes). Estes organismos viven en estreita relación co medio físico acuático, do cal son dependentes en case a totalidade dos casos (con excepción dalgunhas poucas especies).

As comunidades acuáticas son xeralmente utilizadas como indicadores en diversas investigacións, xa que se converten en instrumentos moi útiles de medición para un gran número de impactos ambientais xerados por proxectos de diversa índole, ou polo aumento da biomasa dalgunhas especies.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Limnoloxía Oceanografía

Categoría:Ecoloxía Categoría:Auga Categoría:Oceanografía