miniatura|250px|Traballadores manifestándose en Francia por varias reivindicacións, entre elas, por un sistema de xubilacións e pensións máis solidario.

A xubilación é o acto administrativo polo que un traballador en activo, xa sexa por conta propia ou allea, pasa a unha situación pasiva ou de inactividade laboral, en particular ao chegar a unha idade establecida,xubilación no Dicionario da RAG. ou por enfermidade crónica grave ou incapacidade.

Obtén entón unha prestación monetaria para o resto da súa vida, a xubilación ou pensión.

A lexislación laboral de cada país estipula condicións distintas ao respecto.

Etimoloxía O termo deriva do latín iubilatio, "xúbilo".

Contexto Para compensar a perda de ingresos que se deriva do cesamento laboral, ao beneficiario da xubilación recoñéceselle unha prestación económica que adoita consistir nunha renda mensual. A prestación é vitalicia e só se extingue coa morte do interesado. A cantidade da prestación pode basearse en diferentes criterios: por exemplo, en relación á cantidade das cotizacións realizadas, e normalmente establécese a partir dunha determinada porcentaxe dos ingresos durante a vida laboral.

Nos sistemas públicos de xubilación, para acceder a unha xubilación é necesario cumprir requisitos de idade (xeralmente en torno aos 60-65 anos) ou acceder a unha xubilación anticipada por razóns de invalidez, ou por determinadas políticas económicas. Por outro lado, en caso de tratarse dun sistema contributivo (véxase máis abaixo), o acceso adoita depender de ter cumprido cun mínimo de anos cotizados á seguridade social.

Pensións contributivas e non contributivas Cómpre distinguir dúas modalidades de pensión de xubilación: contributiva e non contributiva.

Pensión contributiva é a que se financia polas achegas efectuadas ao sistema polos propios traballadores a través das súas cotizacións, e as dos seus empregadores (achegas patronais). Pensión non contributiva, é a destinada a aquelas persoas que non cotizaron o mínimo suficiente para beneficiarse e xerar dereitos na outra modalidade.

Futuro das pensións O envellecemento da poboación en moitos países debido ao incremento da expectativa de vida e a caída da taxa de fecundidade, xera tensións no financiamento dos sistemas de pensións contributivos na medida que se altera a proporción entre contribuíntes e beneficiarios. Neste marco, o envellecemento é en moitos casos parte dos fundamentos sobre a presunta necesidade de privatizar os sistemas de xubilación, así como de reformalos nun sentido restritivo (comunmente mediante o incremento da idade de xubilación).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Dereito laboral