Catarina de Alexandría, tamén coñecida como Santa Catarina de Alexandría, Santa Catarina da Roda e A Gran Mártir Santa Catarina (en ; en ; en ), foi segundo a tradición unha santa e virxe cristiá, martirizada a principios do século IV a mans do emperador Maxencio. Segundo a súa haxiografía, foi unha princesa e unha destacada estudante que se converteu ao cristianismo aos 14 anos, converteu centos de persoas e foi martirizada aos 18 anos.
A igrexa ortodoxa oriental venéraa como megalomártir e celebra a súa festividade o 24 ou o 25 de novembro dependendo da tradición local. No catolicismo, Catarina é reverenciada como unha dos catorce santos auxiliadores e é conmemorada no martiroloxio romano o 25 de novembro.Martyrologium Romanum (Libreria Editrice Vaticana, 2001 ) A súa festa foi suprimida do calendario romano xeralCalendarium Romanum (Libreria Editrice Vaticana, 1969), p. 147 en 1969, mais restaurada en 2002 como lembranza opcional.
Algúns investigadores modernos consideran que a lenda de Catarina probablemente se baseou na vida e na morte da filósofa e matemática grega Hipatia, intercambiando os papeis dos cristiáns e dos pagáns.Maria Dzielska: Hypatia of Alexandria, Cambridge (Massachusetts) 1995, p. 21; Christian Lacombrade: Hypatia. In: Reallexikon für Antike und Christentum, Bd. 16, Stuttgart 1994, Sp. 956–967, here: 966; Gustave Bardy: Catherine d’Alexandrie. In: Dictionnaire d’histoire et de géographie ecclésiastiques, Bd. 11, París 1949, Sp. 1503–1505, here: 1504.
Haxiografía miniatura|esquerda|upright|Santa Catarina, por Francisco Pacheco (1608) As informacións sobre a vida de Catarina de Alexandría proporciónaas documentación moi tardía. O documento máis antigo é a Passio, redactada inicialmente en grego entre os séculos VI e VIII, moi coñecida a partir do século IX a través da versión latina. Existen ademais outros textos haxiográficos, entre os que salienta a Conversio, quizais influída pola mística femenina beneditina.
Segundo estes textos, Catarina naceu contra o ano 290 no seo dunha familia nobre deAlexandría, en Exipto. Deotada dunha grande intelixencia, destacou axiña polos seus extensos estudos, que a situaron ao mesmo nivel que grandes poetas e filósofos da época. Unha noite apararéuselle Xesús Cristo e decidiu consagrar a súa vida a el, considerándose dende entón a súa prometida. O tema do matrimonio místico é común no leste do mar Mediterráneo e na espiritualidade católica. miniatura|Martirio de santa Catarina, cadro de Masolino da Panicale. O emperador Maxencio (306-312) acudiu a Alexandría para presidir unha festa pagá e ordenou que todos os súbditos fixesen sacrificios aos deuses. Catarina entrou no templo, mais en lugar de realizar o sacrificio fixo o sinal da cruz. Dirixíndose ao emperador, reprendeuno exhortándoo a recoñecer a Deus. Conducida a palacio, reiterou a súa negativa a facer sacrificios, mais convidou ao emperador a un debate.
Na proba do debate, os sabios convertéronse ao cristianismo, o que provocou a ira do emperador, que fixo executar os sabios despois de propor a Catarina que casase cun deles, ao que ela se negou. Maxencio tratou de convencela con promesas, mais ao non logralo mandou azoutala e despois encerrouna en prisión. Alí foi visitada pola emperatriz e por un oficial, Porfirio, que se converteu xunto con outros douscentos soldados.
O emperador ordenou entón que torturasen a Catarina empregando unha máquina formada por unhas rodas provistas de coitelas afiadas. Segundo a Passio, as rodas romperon ao tocaren o corpo de Catarina, que saíu ilesa. A emperatriz tentou interceder en favor dela, mais acabou por ser decapitada, igual que Porfirio e os seus douscentos soldados.
A súa tumba atoporíase ao pé do monte Sinaí, no mosteiro que leva o seu nome (de feito dedicado á transfiguración de Cristo), o que deu motivo a peregrinacións de todo o mundo, especialmente apreciada polos peregrinos de Terra Santa. A lenda narra que os monxes do mosteiro construído aos pés do Sinaí descubriron nunha gruta o corpo intacto dunha rapaza á que recoñeceron como Catarina. Segundo a Passio, o corpo fora depositado alí por anxos.
Difusión posterior miniatura|Santa Cataxina de Alexandría, representada cunha roda, un dos símbolos do seu martirio. Icona do mosteiro situado no monte Sinaí, século XVII. O primeiro vestixio do seu culto localizouse nunha pintura do século VIII achada en Roma. A súa veneración expandiuse dende a segunda metade do século X e foi unha das máis difundidas por toda Europa, particularmente en Francia, no século XII, da man dos cruzados. A igrexa ortodoxa celebrouna. Santa Catarina e santa Dorotea foron representadas con gran frecuencia nos altares húngaros ao longo dos séculos XIV e XVI, converténdose en figuras moi populares xunto a santa Sabela de Hungría e santa Margarida de Hungría. En toda Europa extendeuse o culto a santa Catarina e moitas igrexas teñen imaxes ou cadros dela.
Máis de 1100 anos despois do martirio de Catarina, Xoana de Arco identificouna como unha das santas que se lle apareceu para aconsellala.Williard Trask, Joan of Arc: In Her Own Words (Turtle Point Press, 1996), 99
A difusión da devoción inspirou artistas, que representan a santa cunha aureola tricolor: branca pola súa virxindade, verde pola súa sabedoría e vermella polo seu martirio. A roda que se empregou para o seu suplicio está case sempre representada detrás súa.
Historicidade thumb|Pietro Aretino, Vita di santa Caterina vergine e martire, 1636. Algúns historiadores puxeron en dúbida a existencia histórica de Catarina. Donald Attwater cualificou a lenda de santa Catarina como "a máis absurda da súa caste", citando a falta de probas positivas que nunca existiron fóra da imaxinación dun escritor grego que simplemente a compuxo coa intención de ser unha historia edificante. Tamén Harold T. Davis confirma que "a investigación asidua non logrou identificar a Catarina con ningunha personaxe histórica" e teorizou que Catarina foi un invento inspirado como contrapartida á historia da filósofa e matemática pagá Hipatia.Harold Thayer Davis, Alexandria: The Golden City (Principia Press of Illinois, 1957), p 441Allen, pp. 214-217Walsh, Christine. (2007). The Cult of St Katherine of Alexandria in Early Medieval Europe. Aldershot: Ashgate. pp. 3–26.Deakin, Michael A. B. (2007). Hypatia of Alexandria, Mathematician and Martyr. Nova York: Amherst. pp. 135, 202.
O relato máis antigo que trata sobre a vida de santa Catarina sitúase máis de cincocentos anos despois da suposta data do seu martirio, atribuído ao emperador Basilio I no ano 866, aínda que o descubrimento das súas reliquias no mosteiro do monte Sinaí dátase no ano 800,S.R.T.O d'Ardeene and E.J. Dobson, Seinte Katerine: Re-Edited from MS Bodley 34 and other Manuscripts (Oxford: Oxford University Press, 1981), xiv. e presumiblemente implica un culto existente nesa data. O mosteiro foi construído por orde do emperador Xustiniano I, ao que se engadiu a capela da Silva Ardente construída por Helena, nai de Constantino I, no lugar onde supostamente Moisés contemplou a silva ardente. Ademais, os textos máis fidedignos en rigor científico como as pescudas haxiográficas dos bolandistas coñecidas como Acta Sanctorum son aceptados como válidos historicamente para entender o seu culto primario como personaxe histórica.¿Historicidad en Santa Catalina de Alejandria? . preguntasantoral.
Aínda que un sector da igrexa católica puxo en dúbida a súa existencia histórica a partir de 1961, liberada con todo das narracións lendarias, permanece inscrita no martirologio romano como liberum memoria.
Padroado Catarina de Alexandría é a padroa dos escolares e dos estudantes, filósofos, prisioneiros (con Leonardo de Noblat, Fernando III de Castela e José Cafasso), das mozas casadeiras, barbeiros (con Cosme e Damián e Martiño de Porres), e dos que se relacionan polo seu oficio coas rodas: carreteiros, muiñeiros, trapeiros, fiandeiros, ciclistas etc.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Clugnet, L. (1908). St. Catherine of Alexandria. In The Catholic Encyclopedia. Nova York: Robert Appleton Company. Consultado o 4 de outubro de 2008 Justicia poética Amelia Valcárcel, en El País, 13 de decembro de 2009 Calendario Ortodoxo
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Mártires Categoría:Venerados pola ortodoxia oriental Categoría:Santos da ortodoxia Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Personalidades de Alexandría na Antigüidade