Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero é unha colección de once guías de diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats e trasladada a lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do Sistema Universitario Galego (Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela e Oficina para a igualdade de Xénero da UDC).
A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas, está formada polas seguintes guías:
Ciencias da Computación
Dereito e Criminoloxía
Educación e Pedagoxía
Filoloxía e Lingüística
Filosofía
Física
Historia
Historia da Arte
Medicina
Psicoloxía
Socioloxía, Economía e Ciencia Política
Con esta colección preténdese proporcionar material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Vídeo Presentación "Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero"
Categoría:Feminismo en Galicia Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Universidade da Coruña Categoría:Universidade de Vigo Categoría:2020 Categoría:Obras traducidas do catalán ao galego