Os homes explícanme cousas (título orixinal en ) é unha colección de ensaios do 2014 da escritora americana Rebecca Solnit, publicada por Haymarket Books e considerado un dos títulos fundamentais para o feminismo do século XXI. O libro contiña orixinalmente sete ensaios, e segundo a súa editora, "converteuse nunha pedra de toque do movemento feminista". O ensaio principal do libro foi citado en The New Republic como a peza que "lanzou o termo mansplaining". Nos restantes ensaios trátase a violencia contra as mulleres, a figura de Virginia Woolf ou os movementos como Yes, All Woman.
Esta obra, xunto ao ensaio Mulleres e poder de Mary Beard, inaugura a colección Púrpura publicada pola editorial Hércules de Ediciones no ano 2019. Foi traducida ó galego por María Fe González Hernández e considerado como Mellor libro traducido para público adulto no 2019 polos lectores e lectoras de Fervenzas Literarias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Rebecca Solnit Mansplaining
Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego
Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Ensaio